A Augateca súmase as actividades para celebrar o Samaín ,organizadas polo noso Centro, ca lectura de relatos de terror nunha biblioteca de medo...
▼
27 de outubro de 2017
25 de outubro de 2017
24 de outubro de 2017
UN NOBEL MOI MERECIDO
Fai uns días o escritor británico KAZUO ISHIGURO foi galardoado co PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2017.
Quizais o coñezas a través da exitosa adaptación ao cine
de dous das súas novelas, «Os restos do día»👀👉
(a adaptación cinematográfica dirixiuna James Ivory en 1993)
ou a magnífica «Nunca me abandones» (levada ao cine en 2010 por Mark Romanek).
👈👀
Ishiguro forma parte da mítica xeración británica dos 80, a da resurrección da gran narrativa inglesa, que lanzou a escritores como Rushdie, Amis , Barnes ou McEwan.
Autor de sete novelas, cada unha constitúe a consagración dun xénero literario distinto, un reto estilísitco e ao linguaxe, nunha renovación e replanteamiento contínuo de temas, pero nas que sempre a memoria relaciónase co esquecemento, a historia co presente e a ficción coa realidade.
preme nos links 👉 para saber máis
INVITÁMOSCHE A LER “ Nunca me abandones”, unha novela situada nun internado de adolescentes en Hailsham, do que nunca saíron, e aos que, nunha formidable distopía, ocúltaselles a razón da súa existencia. O lector é o detective obrigado a resolver o misterio entre o thriller, o conto gótico e a denuncia crítica dunha sociedade instalada no benestar a costa do engano.
Podes resistirte a levala?😉
19 de outubro de 2017
17 de outubro de 2017
SOMÉRXETE NA AUGATECA I
Baixo
o lema “SOMÉRXETE NA AUGATECA”
a
próxima
semana imos desenvolver diversas actividades que
contribúan
a conmemorar🎉🎊
O
DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA (24 DE OUTUBRO).
Empezamos con ...
3 de outubro de 2017
INICIANDO ...
OLA!
XA ESTAMOS DE VOLTA! 😎
Chegamos
con novas ilusións e proxectos. 💭
Collemos
impulso facendo noso o lema "APRENDER
A PENSAR COA BIBLIOTECA ESCOLAR",
escollidopola rede de Bibliotecas escolares de Galicia , para o curso 2017-18.
Queremos
que a Augateca sexa un laboratorio onde
desenvolvades o voso pensamento crítico.
Aprendendo
a pensar con boas e divertidas lecturas, construíndo os vosos
propios relatos, investigando en proxectos colaborativos, festexando
nosas actividades favoritas, ...
Nuns
días “arrancan” o club de lectura, a formación para os novos
usuarios, desafíos aos que facer fronte ca axuda dos voluntarios,
...
O
24 de outubro celebramos o Día da
Biblioteca cunha XORNADA DE PORTAS
ABERTAS. Ven e aporta as túas suxestións!. 😉