25 de outubro de 2018

FESTA NA AUGATECA


Onte animados pola música dos Waterboys (homenaxe aos nosos invitados irlandeses destes días) celebramos a reapertura da Augateca. 😁



Foi unha festa concorrida e buliciosa. 👀👂🎉

Os alumnos voluntarios doutros cursos actuaron como anfitrións xunto cos profesores do equipo bibliotecario.

Regalamos marcapáxinas e calendarios da Augateca, así como os novos trípticos informativos, que dan a coñecer os nosos servizos e pautas de funcionamento.



A exposición das últimas adquisicións incorporadas a colección da BE (cómics, revistas, novelas xuvenís e de adultos, guías para debuxar cómic ou aprender a xogar ao xadrez) foron moi ben acollidas e xeraron xa reservas e listas de espera. 



Inscribíronse un bo número de alumnos e alumnas nos equipos de colaboradores da Augateca e no club de lectura, que comeza a funcionar a próxima semana.




Caramelos e chocolatinas voaron en dous minutos!!! 😱😂
Pero, sobre todo, compartimos a ilusión que xera o estrear un espazo renovado, amplo, diáfano e cheo de posibilidades.

Moitas grazas!👏👏👏

19 de outubro de 2018

FESTA DE REAPERTURA

Que mellor ocasión para volver a abrir as portas da Augateca que O DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR (24 DE OUTUBRO).

Unha Biblioteca  co  dobre de superficie, que acolle  agora non  seu interior  espazos para  obradoiros e  exposicións, un  amplo recuncho para a lectura informal e unha área de  estudo  máis  folgada.
Agradecemos o  esforzo e a colaboración de toda a  comunidade educativa para  acadar este  obxectivo.   Imprescindíbel  para satisfacer  dun  xeito adecuado  as necesidades  dunha biblioteca  sempre en evolución e  á altura dos  novos retos educativos.








18 de outubro de 2018

SAMAÍN


O EDLG DO IES PEDRA DA AUGA convoca, ca colaboración da Augateca o

I CONCURSO DE RELATOS DE MEDO


BASES:

  • Poderá participar todo o alumnado da ESO e Bacharelato.
  • Os relatos estarán escritos en lingua galega.
  • As historias serán de medo.
  • Deberá levar un título e presentarase a ordenador ou con letra clara.
  • O prazo de presentación remata o 29 de outubro. Os textos serán entregados ao profesorado de Lingua Galega e Literatura
    .
Haberá un premio de medo na Augateca.

ANÍMATE A PARTICIPAR!!! 😉