20 de decembro de 2019

FELIZ NADAL!!!


Despedímonos, ata o vindeiro ano, ca entrega dos PREMIOS do CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL que como sempre contou cunha elevada participación e calidade.

Parabéns aos gañadores!!!👏👏👏😃


E moitas gracias ao voluntariado da Augateca pola fermosa decoración navideña!😉

Aquí👇 tedes un compendio 🎬👀 do acontecido.


5 de decembro de 2019

ALFIN - HOMINIDAE


O alumnado de 2º de bacharelato ven traballando desde outubro, tomando como núcleo central o Espazo creativo, na creación dunha consola que da continuidade ao PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO “HOMINIDAE”, creado e coordinado pola Augateca o pasado curso ca colaboración principal dos depatamentos didácticos.

E xa temos os primeiros resultados, unha consola cos sete cranios ao 30%, replicas exactas de fósiles reais, para o estudo da evolución do clado* da familia Hominidade e a programación dunha placa electrónica para o funcionamento da consola.


Estas fotos👇 reflicten parte do proceso 👀






22 de novembro de 2019

FORMACIÓN DOS NOVOS USUARIOS


O alumnado de 1º ESO incorporouse as actividades ALFIN da Augateca iniciando a súa formación con dúas sesións básicas, as adicadas ao coñecemento da nosa Biblioteca: zonas, servizos, fondos, ... En definitiva, como espazo creativo de aprendizaxe, no que deben ser quen de integrarse de forma autónoma para desfrutalo.

Guiados por Nacho, membro do noso equipo caracterizado para a ocasión como Adso de Melk (o axudante  na investigación que realiza Guillermo de Baskerville na novela de Umberto Eco "O nome da Rosa"), fixeron uso dos recursos que temos  no repositorio ALFIN da nosa Aula Virtual.

Tamén entraron en contacto co PDI Evolución humana. Hominidae”, que deseñado e coordinado dende a Augateca, vimos desenvolvendo dende o pasado curso e ao que terán a posibilidade de incorporarse nos seguintes trimestres para ampliar a a súa formación.

Benvidos!!!  😀🙌

Este 👇 🎬 recolle algúns dos momentos vividos 



19 de novembro de 2019

NOSA XORNADA MICOLÓXICA EN IMAXES


Un curso máis a Augateca completou a esperada 😍 XORNADA MICOLÓXICA, tanto polo alumnado de 4º ESO, que cada outono encárgase da recolleita, clasificación e exposición dos cogomelos, como polo resto da comunidade educativa que goza da variada e colorida mostra na entrada da Augateca.

A xornada comezou cunha charla formativa na propia BE, acompañada de diapositivas e o reparto dun tríptico, editado polo noso equipo, que visualiza un resumo da mesma.

A procura e recolleita pola fraga das inmediacións ao Centro deu os seus froitos, o que permitiu montar a exposición que aparece recollida nun vídeo que vos mostramos 👀👇, xunto coas fotos de toda a actividade.





Parabéns ao alumnado de 4º ESO polo seu traballo!!! 👏👏👏




18 de novembro de 2019

CONCURSO POSTAIS DE NADAL

Inspirados xa ??? ....
para participar nunha nova convocatoria dun dos nosos concursos máis disputados ...
🎄🎅🎄🎅🎄🎅


O que organizamos cada ano, a Augateca e os departamentos de Francés e Inglés, para que deades renda solta a vosa creatividade

e facervos merecedores do LIBRO e a MANTIÑA que os levarán lonxe deste frío ...😉



4 de novembro de 2019

XORNADA DE PORTAS ABERTAS


O 24 de outubro celebramos O DÍA INTERNACIONAL da BE, cunha nova XORNADA DE PORTAS ABERTAS non recreo.
Como noutras ocasións temos que agradecer a entusiasta participación de toda a comunidade educativa e, especialmente, ao equipo da Augateca e aos alumnos e e alumnas voluntarias do pasado curso no seu papel de anfitrións, repartindo simpatía, marcapáxinas e os novos trípticos informativos para dar a coñecer as innovacións nos servizos que ofertamos.😄👍



E como fío condutor UNHA EXPOSICIÓN dos nosos fondos de NOVELA NEGRA/ POLICÍACA, un xénero que vive un momento dourado, espertando o interese tamén dos lectores máis novos. Partindo da premisa de que son curiosos por natureza, o desafío de resolver un enigma, case como un xogo que ten moito de lóxico, do que se lles fai partícipes, vai adentrándoos no pracer da lectura.

Desde os autores máis clásicos, como Poe, Conan Doyle ou Agatha Christie, pasando por Montalbán, aos últimos en chegar, como Ledicia Costas ou Domingo Villar en forma de novela, cómic ou cinema, saíron dos andeis da Augateca para chegar ás túas mans.


PODES 👀 MÁIS FOTOS NESTE VÍDEO 👇


30 de outubro de 2019

A MAXIA DA PALABRA


Fai uns días recibimos por segundo ano consecutivo na Augateca a SAMUEL MOUNTOUMNJOU, mediador intercultural e contacontos africano. E repetimos porque esa foi a nosa intención dende que xurdiu a maxia.



Samuel Mountoumnjou naceu no oeste de Camerún, nunha aldea onde seguen vivas moitas tradicións e costumes ancestrais. Nese contexto criouse e iniciouse na narración oral sendo aínda un adolescente. 

É profesor de idiomas e mediador intercultural. A súa formación e experiencia na docencia axudáronlle a perfeccionar distintas facetas da comunicación oral. Leva máis de10 anos traballando con nenos e nenas , contando as súas historias por España e Francia.

O seu amplo e variado repertorio está constituido esencialmente de contos, lendas, anécdotas, parábolas e mitos africanos.
Son historias cheas de calor e de cores que, ademais de entreter, invitan a pensar, potenciar valores humanos tales como a solidariedade, a convivencia, a tolerancia ou a igualdade, á vez que nos transportan ata as profundidades do continente e nos transmiten o espírito da África Negra.

As súas representacións son interactivas facendo que os rapaces representen algúns personaxes animais xa que os seus contos son moralizantes e son narrados en forma de fábula. De cada conto narrado extraese unha ensinanza que serve para desenvolvela nas aulas.



Un ano máis Samuel non nos decepcionou, a xulgar polos comentarios dos asistentes... 👏👏👏




28 de outubro de 2019

PERDOEN AS MOLESTIAS!


O departamento de electricidade en colaboración co equipo da Biblioteca e outros departamentos didácticos, está desenvolvendo un proxecto de domotización, no Espazo Creativo da Augateca. O proxecto consiste na instalación eléctrica e posterior domotización da maqueta dunha casa e dunha porta de garaxe.

Os dous primeiros xoves de novembro prepararán as maquetas, polo que farán ruído para perforalas. 🚧
Eses xoves na biblioteca non haberá moito silencio.🙉

Os propios alumnos pasarán polas clases para dar unha pequena explicación.

Animádevos a votar unha 👀

Grazas pola vosa colaboración.


1 de outubro de 2019

OLA!!!


AQUÍ ESTAMOS DE NOVO!
CA AXUDA DE TODOS VÓS ABRIMOS AS PORTAS PARA OFRECERVOS OS SERVIZOS QUE XA COÑECEDES E OUTROS NOVOS, QUE IREMOS INCORPORANDO POUCO A POUCO, E DOS QUE TEREDES NOTICIA A TRAVÉS DO BLOG E DA NOSA CARTELARÍA.

Todos eles responden ao lema que propón ás bibliotecas escolares galegas para o presente curso 2019/2020: "Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía", e que ven a resumir o conxunto de intervencións que dende hai uns anos vimos realizando na Augateca.



8 de xuño de 2019

TODO O MES DA CIENCIA NUN VIDEO



AS IMAXES FALAN POR SI SOAS DA VARIEDADE E CALIDADE DOS PROXECTOS E EXPERIENCIAS DE INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA, PRESENTADOS Á COMUNIDADE EDUCATIVA NESTA III EDICIÓN DO MES DA CIENCIA - Augateca.

MOITAS GRACIAS A TODOS OS PARTICIPANTES PROFESORADO E ALUMNADO VINCULADO AS MATERIAS DE ELECTRICIDADE, FÍSICA, BIOLOXÍA, MATEMÁTICAS, TIC, PLÁSTICA E HISTORIA.
👏👏👏😍

5 de xuño de 2019

PROXECTO HOMINIDAE-2

O alumnado de 1º ESO rematou a súa formación ALFIN na Augateca para este curso ca comunicación, no marco do MES DA CIENCIA na Augateca, da súa achega ao PDI “HOMINIDAE”.


Como mostra escolleron
 
3 das INFOGRAFÍAS INTERACTIVAS

 que fixeron sobre
 
“A Arte na Prehistoria”.

(preme nos links para velas👇👀)






No curso da súa realización aprenderon a procura de información, a propiedade intelectual e e como facer referencias webgráficas e bibliográficas.



Nosos parabéns por un traballo tan ben feito!!!😍👏👏👏



4 de xuño de 2019

II TORNEO DE XADREZ



Ao longo do curso a Augateca acolleu nos recreos as partidas de xadrez dun grupiño de aficionados cada vez máis numeroso.

Onte celebramos o II TORNEO DE XADREZ do Pedra, e xa podemos presumir dunha gran actuación dos nosos xogadores.

Parabéns a todos os participantes!!!


👏👏👏🏆🏆🏆



27 de maio de 2019

PROXECTO HOMINIDAE-1


Hoxe na Augateca proxectamos os vídeos que plasman parte do traballo realizado polo alumnado da ESO e Bacharelato implicado no PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO “A EVOLUCIÓN HUMANA. HOMINIDAE”, creado e coordinado pola Augateca, ca colaboración principal dos depatamentos didácticos de Bioloxía, Tecnoloxía, Plástica e Historia, para impulsar a ALFIN no noso Centro:
-“Como se fai un cranio 3D”, o alumnado de bacharelato explica os pasos que deron para a impresión 3D dun cranio a partir dun fósil real, (que xa presentáramos no blog o pasado 4 de abril)
👉👀  
Premede aquí se queredes volvelo a ver.
-”Como se pintan os cranios e fósiles impresos en 3D”, o alumnado de 4º ESO móstranos o proceso que seguiron para dotar de realismo, grazas a pintura acrílica, as pezas en 3D do proxecto Hominidae.👇👀

-Investigando a evolución humana”, o alumnado de 4º ESO recolle neste vídeo unha escolma do que foi o seu estudo paleontolóxico da familia Hominidae. Pescuda e tratamento da información e comunicación das conclusión en pósters roll-up que presentaron na Semana das Ciencias do Concello e que presentarán a toda a comunidade educativa do Centro o vindeiro mércores.
👇👀




21 de maio de 2019

DEMOSTRACIÓN FUNCIONAMENTO DUNHA INSTALACIÓN FOTOVOLTAICA

O alumnado de FPB de Electricidade e de 2º Ciclo Medio de Electricidade, dentro do programa do MES DA CIENCIA na Augateca,  mostraron no recreo a   unidade fotovoltaica que crearon este curso, para presentar ao Proxecto Innovación, e explicáronnos o seu funcionamento.👇👀👂


Puri. Video funcionamiento instalación fotovoltaica..En youtube. Licenza youtube estandar.

2 de maio de 2019

NOVIDADES NO CATÁLOGO DA AUGATECA -GUÍA LECTURAS PRIMAVEIRA

Xa están a vosa disposición unha chea de
 NOVIDADES LITERARIAS E CIENTÍFICAS.
Para todos os gustos: xuvenil, adultos, premios Nobel, noveles, fantasía, novela policíaca, aventuras, amistade, astronomía, experimentos, guías visuais...
Para ollar, tocar e levar !!!😉










Algunhas figuran na guía de lecturas que vos repartimos. Usade os códigos QR para acceder ás reseñas, vídeos, etc. 😎