29 de abril de 2019

CHARLA-COLOQUIO DE XULIA ALONSO


O venres pasado recibimos na Augateca a visita de XULIA ALONSO DÍAZ, autora dá novela FUTURO IMPERFECTO (Durante as décadas de 1980 e 1990, moitos mozos descubriron simultaneamente ou amor e a droga. Xulia Alonso narra a historia máis importante dá súa vida: a do seu amor por Nico e a dá experiencia dá súa perda).



A Charla-coloquio na que participaron os alumnos de 1º de Bacharelato xirou ao redor da dura experiencia que recolle no seu libro, o desexo de lembrar a aqueles que a compartiron con ela e non a superaron, o amor, as relacións cos pais, ... e un sen fin de temas que o alumnado foi entresacando coas súas preguntas e que Xulia Alonso contestou sen ambaxes ao longo de case dúas horas.


O enriquecedor da actividade lévanos a pensar en repetila o próximo curso.  Moitas gracias Xulia.








VIII CONCURSO FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

Nova cita co CONCURSO DE FOTOGRAFÍA 📷 convocado polo Departamento de Matemáticas, coa colaboración da Augateca.


📅 Tedes de prazo ata o 8 de maio, inclusive.


A exposición das vosas fotografías e a entrega de premios, terá lugar o 13 de maio, no contexto das actividades do MES DA CIENCIA organizado pola nosa biblioteca. 🏆


Engadir título

27 de abril de 2019

POR FIN A SEMANA DO LIBRO!!!-3 (MICRORRELATOS)

O venres 26 no recreo pechamos a SEMANA DO LIBRO na Augateca como empezamos, cunha festa.  Entregamos os diplomas📜 e os agasallos🎁 (un libro e unhas chuches) aos 20 premiados nas distintas categorías da III EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS-AUGATECA, que este curso ampliou as posibilidades de participar en diferentes idiomas (galego, castelán, inglés e francés) nas tres subcategorías.

O éxito de participación foi rotundo. E a selección foi difícil pola orixinalidade e calidade dalgúns deles .😍
Nosos parabéns a todos e todas!!!👏👏👏

Aquí tedes os microrrelatos premiados e a súa autoría e máis abaixo o vídeo-resumo de toda a SEMANA DO LIBRO.👇👀




25 de abril de 2019

POR FIN A SEMANA DO LIBRO!!!-2 (MOBY DICK)


Hoxe no recreo proxectamosVÍDEO “As Argonaúticas versus Moby Dick”
realizado polo alumnado de latín de 4º ESO e de grego de 1º Bach.

O vídeo aborda dun xeito moi ameno o estudo comparativo das Argonaúticas de Apolonio de Rodas (poema épico que relata a fazaña de Jasón e os Argonautas que, a bordo da nave Argo, partiron en busca do vellocino de ouro) e a novela Moby Dick, de cuxo autor, H. Melville, conmemoramos o bicentenario do seu nacemento co proxecto no que vimos traballando todo o curso desde a Augateca, e cuxos resultados presentamos agora.
Parabéns por este estupendo traballo!!!👏👏👏👀👇


O proxecto complétase coa EXPOSICIÓN :”Inquedanzas ao redor de Moby Dick”, realizada polo alumnado de 4º ESO e 1º Bach.
-Nela móstrase, mediante cadros sinópticos, parte do traballo de investigación do alumnado de 1º de Bacharelato de Literatura Universal sobre a vida e obra de H. Melville ; argumento, personaxes, espazo e tempo narrativos en MOBY DICK ; e unha serie de fichas referidas aos autores e obras da literatura estadounidense do século XIX que forman parte dos fondos da Augateca.

Ao que se engade esta selección de fragmentos da obra ca finalidade de que expliquen, a modo de instantánea ou cromo, personaxes e situacións.👀👇






-O traballo do alumnado de 4º ESO de Plástica para o proxecto MOBY DICK, que arrancou co obradoiro de cómic que organizamos en xaneiro, atópase exposto tamén na entrada da Augateca. Unha serie de cómics orixinais que con diversidade de estilos inspíranse, de xeito libre, no universo de personaxes e simbolismos que ofrece a obra.
👀Ver vídeo en la próxima entrada de La Semana del LIbro

24 de abril de 2019

POR FIN A SEMANA DO LIBRO!!!-1(MERCADIÑO DE LIBROS)


Inauguramos a SEMANA DO LIBRO na Augateca coa actividade máis celebrada: O MERCADIÑO DE LIBROS, onde (xa dá vergoña dicilo) superamos unha vez máis os resultados de pasadas convocatorias.

Houbo moito onde escoller, grazas ás vosas doazóns, e os voluntarios da Augateca fixeron un magnífico labor contribuíndo a axilizar durante todo o recreo, 40 minutos que quedaron curtos, unha festa onde a ritmo de boa música falouse moito de libros e de lecturas.
 
(teredes máis imaxes no vídeo resumo ao remate das entradas da semana do libro)

Moitas grazas un ano máis!!!👏👏👏























13 de abril de 2019

Alfin_LateX

Alfaya. LateX. CC-BY-SA
Alfaya. Expresión final. CC-BY-SA
Empregando o sistema de composición de textos  LateX, o alumnado que participa no  Proxecta do IES  Pedra dá  Auga, crea documentos escritos con gran calidade  tipográfica.
Trátase de dous artigos con expresións matemáticas complexas que interrelacionan moitos coñecementos de química adquiridos durante a súa formación académica, en relación co dióxido de carbono medido polo grupo de traballo, dando desta forma ao aprendido un marcado carácter  propedéutico. Unha tarefa dentro da alfabetización múltiple que a  Augateca, dentro do seu programa  ALFIN, facilita ao alumnado:  róbótica, programación, desenvolvemento das competencias comunicativas, etc.


Frank. Explicando as matemáticas do dióxido de carbono. CC-BYSA

👉👀Enlace aos artigos "Masa efectiva do aire" e "Explicación das partes por millón en volume" polo grupo de traballo do Proxecta no IES Pedra da Auga: artigo_1, artigo_2


6 de abril de 2019

Arte nas impresións 3D de fósiles e ferramentas

David. Impresión. CC-BY-SA
Lucas. Impresións. CC-BY-SA
O obxectivo da Transformación das impresións 3D, rexistros fósiles e ferramentas  líticas, nun proxecto artístico sobre PLA(acedo  poliláctico, material para a realización dos cranios)  é unha realidade no proxecto  Hominidae. O cranio do  Homo  Heidelbergensis, coas súas profundas formas xeométricas, é o lenzo para a comunicación visual, na que as cores, as texturas etc., son os elementos que permiten ao alumnado alcanzar, transmitindo gran emoción e sentimento, dúas finalidades, a estética e a comunicativa.

Gloria. Homo  Heidelbergensis. CC-BY-SA

4 de abril de 2019

Vídeo Hominidade_ALFIN



As sesións  ALFIN no ámbito audiovisual desenvoltas na  Augateca polo alumnado,  desde a elaboración dos guións, recollida de audio e vídeo, e posterior montaxe con  Audacity,  Openshot e  HandBrake, permítennos presentar á comunidade as conclusións en formato de vídeo, que dentro do proxecto  Hominidade  fan posible a impresión 3D dun craneo a partir dun fósil real, neste caso o do  Australophitecus  Afarensis.


Augateca. Hominidae_ALFIN. En youtube. CC-BY-SA

1 de abril de 2019

CHARLA-COLOQUIO DEL ESCRITOR FERNANDO LALANA


El viernes 29 de marzo recibimos la visita de este prolífico autor, entre cuyos títulos más celebrados están “Morirás en Chafarinas” (llevada al cine por el director Pedro Olea), “El paso del estrecho”, “La tuneladora”, “Mande su hijo a Marte”, “El asunto Galindo” o “Una bala perdida”.

FERNANDO LALANA, que ha visto reconocida su trayectoria con los más importantes premios de Literatura infantil y juvenil en español, protagonizó un ameno coloquio con el alumnado de 3º y 4º ESO y del grupo de 1º Bachillerato que cursa Literatura universal. A lo largo de la conversación, el escritor aragonés desentrañó algunas de las claves de su labor, hablándonos de los orígenes de su dedicación literaria, de los caminos de la inspiración, de los condicionantes materiales y económicos de su actividad, y expresó su preocupación por el futuro de la literatura y del mundo editorial.
Al final del acto, tras agradecer los detalles que le entregamos como recuerdo de su visita a la Augateca, Fernando Lalana dedicó ejemplares de algunos de sus libros a todo el alumnado que se lo pidió y nos regaló uno firmado por él de su más reciente obra 13 perros y medio.
¡Hasta otra ocasión, Fernando!