22 de decembro de 2020

BO NADAL CAS TARXETAS GAÑADORAS

 Hoxe fixemos entrega dos PREMIOS do CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL.

Aquí tedes un vídeo cas presentadas 👇👀


Esta é a acta do xurado 👇👀



E estas son as fotos da entrega de premios 👇👀 Parabéns ás gañadoras !!! 👏👏👏
E BO NADAL!!! 🎄🎅🌟



14 de decembro de 2020

RECOMENDACIÓNS DUNHA LECTORA QUE AMA A INTRIGA

 
Lei os libros “Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela” e “Amor de serea. Un misterio para Tintimán en Vigo” e os dous son moi interesantes e divertidos.😍

Vou por partes:


- O libro “Corazón de chocolate” é como unha introdución na vida do protagonista, o fillo dun correspondente de guerra. Desde que morreu o seu pai, quería ser un periodista, coma él. E finalmente dinlle que ten que resolver un misterio na Catedral de Santiago.


- O outro libro “Amor de serea”, ten os mesmos acontecementos (ten que resolver un misterio e viaxar a algún sitio de Galicia) pero a trama acontece en Vigo.

Creo que os libros son perfectos para a xente que ame ler, as aventuras e a intriga, e tamén o amor, porque ten todo eso e máis.

Recomendo ler os dous e tamén animádevos a ler outro libro da saga, “A coroa de Napoleón. Un misterio para Tintimán en A Coruña”.

 E se os gustan os gatos estes libros teñen un montón.🐱


Victoria Choren Rodríguez, alumna de 1º ESO A.

10 de decembro de 2020

ESTREAMOS PROXECTO!: CALPURNIA

Arrincaron hoxe as reunións preparatorias do proxecto interdisciplinar de animación á lectura en 1º ESO, que se desenvolverá ao longo do 2º e 3º trimestre.

O proxecto, deseñado e coordinado polo equipo da Augateca, consistirá na lectura nas aulas da obra “A evolución de Calpurnia Tate” da autora J. Kelly; á vez que dende as distintas materias que colaboran ( Bioloxía, Matemáticas, CCSS, Plástica, Lingua Galega e Lingua Castelá) traballarase a comprensión e interpretación de contidos e valores, a extracción de información e significados, a contextualización, etc.

Cada alumno plasmará o produto final da súa labor nun lapbook.

Estamos desexando comezar!!! 😍




22 de novembro de 2020

CONCURSO POSTAIS DE NADAL

Non íbamos  renunciar a un dos nosos concursos favoritos!!! 🎄🎅🎉 👑

Animádevos a participar!

Un magnífico libro  e unha agarimosa mantiña  os agardan!!! 😍



13 de novembro de 2020

O PRÉSTMO DE FONDOS É UNHA REALIDADE

Lembrarvos que xa está a funcionar desde principios de mes o servizo de préstamo.

Para os máis despistados repetimos:

  • o catálogo e a ligazón ao correo de préstamo están na marxe dereita deste blog (prestamoaugateca@gmail.com)

  • a entrega realizámola en man na vosa aula

  • a devolución a facedes no cesto da entrada ao pavillón da ESO, debaixo do escaparate da Augateca

Moitas grazas pola vosa colaboración!!!




11 de novembro de 2020

IMOS TER CLUB DE LECTURA


Un grupo de profes animouse e está a preparar unha viaxe ... lendo!

Queres participar? pregunta por nos?

Moi pronto iremos buscarte!





6 de novembro de 2020

SEGUIMOS DANDO PREMIOS

 Onte fixemos entrega do premio, como gañadora do I CONCURSO STOP MOTION – LETRAS GALEGAS 2020, a Victoria Choren Rodríguez
(alumna de 1º ESO A).
O seu estupendo traballo podédelo ver na entrada da semana pasada, na que anunciábamos o resultado.


Victoria tivo palabras de agradecemento para o seu irmá, que axudouna ca animación, e mostrouse moi contenta cos libros e o marcapáxinas que recibiu de mans de Elena, a súa profesora de galego.😄

E, como boa lectora que é, prometeunos un comentario para noso blog das novelas de Tintimán cando as teña lidas.👌😉


2 de novembro de 2020

HOMENAXE ÁS MULLERES RURAIS

 O día 15 de outubro do 2020 comezamos a traballar arredor do

Día Internacional das Mulleres Rurais.

O alumnado da ESO e FPB fíxolle unha homenaxe ás súas mulleres rurais.

Este é o resultado.👇👀👏👏👏👏 


30 de outubro de 2020

TEMOS GAÑADORA DO I CONCURSO STOP MOTION-LETRAS GALEGAS 2020!

 A alumna de 1º ESO A, Victoria Choren Rodríguez, foi galardoada

co premio I CONCURSO STOP MOTION – LETRAS GALEGAS 2020.

O xurado 😎valorou o traballo de investigación realizado sobre a figura e obra de Carvalho Calero, o guión e o traballo de animación.😍

A entrega do premio 🎁 realizarase a próxima semana e publicarase, como sempre, no blog, para que non perdades detalle.

 PARABÉNS VICTORIA!!!  👏👏👏

Aquí tedes o vídeo.👀👇



29 de outubro de 2020

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR COS LECTORES MÁIS ENTUSIASTAS

O alumno Pedro Estévez Losada, de 2ºBACH A, e o profesor Juan Martínez, foron os lectores que máis fondos levaron en préstamo o pasado curso.

 Disfrutan ca lectura e o transmiten!!!


Que mellor que agasallar aos nosos usuarios máis lectores, para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR
(24 de outubro).




O lema de este ano “Bibliotecas, sempre ao teu carón” lémbranos no noso caso que, inda que pechada a Augateca como espazo polas circunstancias tan complexas que estamos a vivir (este curso é un aula), seguimos ao servizo da comunidade educativa ofrecendo información ,recursos e préstamo de fondos a través do noso blog.






28 de outubro de 2020

NOVIDADES NO PRÉSTAMO DE FONDOS

 A PARTIR DO 2 DE NOVEMBRO RECUPERAMOS O PRÉSTAMO DE FONDOS GRADUALMENTE, CAS NOVIDADES QUE TEDES A CONTINUACIÓN:👀👇


6 de outubro de 2020

I CONCURSO STOP MOTION-LETRAS GALEGAS 2020

 Como xa os anunciamos en maio, este ano, por mor da situación derivada do Covid-19, decidiuse que o Día das Letras Galegas se adiaba ao 31 de outubro.

RICARDO CARVALHO CALERO é o autor homenaxeado neste 2020. No gadget ca firma e retrato de Carvalho Calero da columna dereita do noso blog tedes un link a páxina da Real Academia Galega onde se recolle unha extensa información sobre a súa vida e obra, e como figura destacada do galeguismo e do reintegracionismo.


Dende o IES Pedra da Auga,como froito da colaboración do Departamento de Galego e a Augateca, argallamos o I CONCURSO DE STOP MOTION 🎥do noso Centro.


😉Convidámosvos a que participedes enviando un vídeo stop motion sobre a súa vida ou obra.

Haberá agasallos para os mellores!!!

Consultade as bases na imaxe..👀👇






30 de setembro de 2020

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR

CONCURSOS EN LINGUA GALEGA

XIX Concurso de relato oral: Tíralle da lingua. Pode participar o alumnado que estude ESO e ensino postobrigatorio presentando unha gravación de menos de 5 minutos onde conte historias de base popular, de base literaria ou creación propia. As historias contaranse en galego e deberán enviarse antes do 26 de outubro ao correo videosgalego@gmail.com. Concederase un primeiro premio de 250 euros e un segundo, se o xurado así o estima, por valor de 150 euros.


Premios Youtubeiros 2020. Poden participar os maiores de 14 anos presentando un vídeo, varios vídeos ou unha canle de Youtube en galego antes do 23 de outubro. Débese cubrir un formulario de inscrición no seguinte enlace: https://youtubeiras.gal/Inscricion/
Establécense 12 premios: tres principais, valorados en 1000 euros cada un; e nove premios de 500 cada un.
Pódense consultar as bases en https://youtubeiras.gal/Bases
 
 
XXXIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón 2020. 

Poden participar os maiores de 18 anos presentando un poemario cunha extensión mínima de 500 versos e máxima de 800, en galego, antes do 23 de outubro.
Establécese un premio de 2500 euros e a publicación da obra.

Pódense consultar as bases na imaxe que se achega.👇👀



29 de setembro de 2020

UN BO LEMA PARA UN CURSO DIFERENTE

 

O lema elixido polas bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2020/2021, é XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR. Pon o foco nas posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a construción da persoa lectora a través das distintas actividades que programa e dos recursos que pon a disposición da comunidade educativa.

Cada libro que o alumnado ten a oportunidade de ler é unha ocasión para ampliar a súa imaxinación e aumentar os seus coñecementos, de aí a importancia da selección de lecturas que se pon ao seu alcance.

Por iso, a pesar de non contar coa Biblioteca como espazo de encontro, trataremos de facervos chegar novas invitacións á lectura a través deste blog.



28 de setembro de 2020

ESTE ANO NON TEMOS BIBLIOTECA, PERO TEMOS BLOG

 

Estamos de volta, pero este curso a Biblioteca vai estar fóra de servizo.

Como sabedes o seu espazo foi transformado nun aula de 3º ESO debido á necesidades xeradas polo protocolo fronte ao Covid 19 aplicado a todo o Centro.

Polo que non podemos acceder á Augateca. 

Tentaremos restablecer, polo menos, o servizo de préstamo de fondos unha vez teñamos instalado o equipo informático noutra localización.

Volveremos pornos en contacto convosco para anunciarvos como vai organizarse e continuaremos con actividades de difusión e pequenos proxectos a través do blog.

Feliz curso e moito ánimo!!!

1 de xuño de 2020

UNHA LECTURA, MOITAS POSIBILIDADES


Cando chegou á Augateca “Matar a un reiseñor” en versión novela gráfica, sentín o desexo de lela para rememorar aquela tenra historia e a súa extraordinaria adaptación cinematográfica que me conmoveran moitos anos atrás. Non me decepcionou, o resultado é excelente; o autor (Fred Fordham) capta maxistralmente a esencia do orixinal: guión, escenarios, caracterización e expresividade das personaxes transpórtante á Alabama de 1930 e mergúllante no corazonciño de Scout, a doce e ao mesmo tempo rebelde nena á que lle gusta ler, saber, escoitar e a través da cal imos coñecendo ás demais personaxes e o desenvolvemento dos acontecementos.
Todo iso apoiado nunha acertada elección visual: clásica, con cores suaves, planos moi ben elixidos, unhas composicións exquisitas e un certo toque de inxenuidade que conecta coa actitude por momentos pueril dos tres protagonistas infantís. Non só gocei moitísimo a lectura e contemplación lenta da obra, senón que me entraron ganas de ler de novo a novela. Unha relectura máis repousada que entón, saboreando frase a frase, levoume a profundar na psique de cada personaxe e a reafirmarme na idea de que esta é unha novela que todo o mundo debería ler porque retrata unha realidade que sempre está vixente por moito que a sociedade avance, en fin, un clásico con maiúsculas dos que nos fan crecer como persoas.





Se vos atrevedes coas dúas, recomendaría empezar pola novela de Harper Lee. Se es dos “alérxicos” á lectura e non che importa o “spoiler”, comeza polo cómic (quizais te animes despois co libro, que é máis rico en detalles) e por suposto, como broche de ouro, recomendo encarecidamente o visionado do filme “Matar a un ruiseñor” de Robert Mulligan, unha desas xoias que nos deixou a “sétima arte”.
Gloria


18 de maio de 2020

LENDAS OU NON?

Elexín esta obra porque facía tempo que tiña pendente a súa lectura xa  que recolle unha ampla representación do noso patrimonio inmaterial, o cal nos define coma un pobo cunha cultura propia, que nos chega de xeración en xeración dende os tempos remotos.
Recomendo este libro porque relata unha viaxe apaixoante onde aparecen mouras, lobishomes, serpes do encanto, cidades asolagadas, etc; que conseguen que a lenda e a realidade se misturen e nos leven a un mundo máxico e misterioso.
Paula

16 de maio de 2020

UN 17 DE MAIO DIFERENTE


Este ano a pandemia mundial que vivimos obrigounos a pospor as actividades de celebración do Día das Letras Galegas a comezos do próximo curso, como tantas outras cousas.
Pero desde a Augatecnon renunciamos a realizar unha pequena homenaxe a RICARDO CARVALHO CALERO (Ferrol, 1910- Santiago de Compostela, 1990), escritor ao que se honra este ano, especialmente, pola súa contribución ao estudo da literatura galega moderna e contemporánea. E que, na súa faceta de profesor, converteuse en 1972 no primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galegas na Universidade de Santiago de Compostela.

No gadget ca firma e retrato de Carvalho Calero da columna dereita do noso blog tedes un link a páxina da Real Academia Galega onde se recolle unha extensa información sobre a súa vida e obra, e como figura destacada do galeguismo e do reintegracionismo.

Para achegarnos a súa figura tamén podemos desfrutar da lectura do libro 'Abecedario de Ricardo Carvalho Calero', da autoría de Rafael Fernández Lorenzo, recomendado neste vídeo.








Por último, tamén podes gozar da homenaxe visual ca SIRO (debuxante, pintor, periodista, ...) lle adica no seu

blog, de onde tomamos prestado o seu retrato. 

22 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO 2020


"Quizá no hubo días en nuestra infancia más plenamente vividos que aquellos que creímos dejar sin vivirlos, aquellos que pasamos con un libro favorito. Todo lo que, al parecer, los llenaba para los demás, y que rechazábamos como si fuera un vulgar obstáculo ante un placer divino: el juego al que un amigo venía a invitarnos en el pasaje más interesante, la abeja o el rayo de sol molestos que nos forzaban a levantar los ojos de la página o a cambiar de sitio, la merienda que nos habían obligado a llevar y que dejábamos a nuestro lado sobre el banco, sin tocarla siquiera, mientras que, por encima de nuestra cabeza, el sol iba perdiendo fuerza en el cielo azul, la cena a la que teníamos que llegar a tiempo y durante la cual no pensábamos más que en subir a terminar, sin perder un minuto, el capítulo interrumpido; todo esto, de lo que la lectura hubiera debido impedirnos percibir otra cosa que su importunidad, dejaba por el contrario en nosotros un recuerdo tan agradable (mucho más precioso para nosotros, que aquello que leíamos entonces con tanta devoción), que, si llegáramos ahora a hojear aquellos libros de antaño, serían para nosotros como los únicos almanaques que hubiéramos conservado de un tiempo pasado, con la esperanza de ver reflejados en sus páginas lugares y estanques que han dejado de existir hace tiempo."





MARCEL PROUST (1871-1922) 


8 de abril de 2020

LECTURAS FANTÁSTICAS

Achégase o 23 de abril, DÍA DO LIBRO, e desde o noso confinamento evadirse  a outros escenarios fantásticos, que poidan superar a este que vivimos e nunca imaxinamos, e toda unha tentación.
Para elo propoñemos dende a Augateca a lectura ou relectura, se é o caso, dunha serie de obras que poderíamos cualificar de clásicos do xénero de CIENCIA FICCIÓN e que tedes a voso alcance en moitas plataformas dixitais ou incluso na biblioteca da vosa casa.

Son obras que foron visionarias no seu momento, que imaxinaron sociedades turbadoras, invasións alieníxenas, androides intelixentes, ... algunhas das cales inspiraron películas que tamén se transformaron en clásicos.




Que as desfrutedes!😉


30 de marzo de 2020

Aula Virtual no confinamento

Tedes a vosa disposición uns 🎬 no repositorio ALFIN do noso blog para :

  • crear a vosa conta na Aula Virtual do Centro
  • e adquirir os coñecementos básicos para xestionar a vosa participación e seguimento do curso telematicamente ca axuda de vosos profesoras e profesores

    MOITO ÁNIMO!👍

23 de marzo de 2020

DIMOS VOZ ÁS ESCRITORAS



O luns 9 de marzo, baixo a lema “DAMOS VOZ ÁS ESCRITORAS”, iniciamos a axenda de actividades organizadas pola Augateca para conmemorar o 8 de marzo.
O alumnado de ESO, FPB e Bacharelato protagonizaron a lectura compartida en galego, castelán e inglés, dunha selección realizada para a ocasión de fragmentos literarios de autoras como Aurora Bertrana, Juana Manso, Carmen Laforet, Isabel Allende, Pilar Montero, Emilia Pardo Bazán, Rosalía de Castro, Chimamanda Ngozi Adichie, Virginia Woolf, Mary Wollstonecraft, Hellen Keller, Sylvia Plath, ou entre outras, mulleres que tiveron un enorme peso na vangarda artística de principios do século XX, As Sinsombreiro : María Zambrano, Rosa Chacel, Concha Méndez ...

45 minutos emocionantes que contaron co fondo musical do concerto para piano n.º 2 da pianista e compositora francesa Marie Jaël que, dacabalo de finais do século XIX e comezos do XX, creou un método de ensino da técnica pianista aínda vixente.









Ao día seguinte proxectouse na Augateca, para o seu posterior debate, a película “Concepción Arenal, a visitadora de cárceres”, para o alumnado de 4º ESO e 1ºFPB. Complemento á exposición que durante toda a semana ocupou o espazo da nosa entrada para conmemorar o 200 aniversario o nacemento de Concepción Arenal. Pioneira do feminismo español, xornalista e escritora, a exposición, elaborada polo alumnado de 1º FPB, recolle retrincos da súa vida e da súa obra, resaltando aquelas que foron as súas principais preocupacións, no contexto da España do século XIX que lle toca vivir, a reivindicación dunha educación para a muller en condicións iguais ás do home ou a humanización dos cárceres. 
NESTE VÍDEO TES UN RESUMO DE TODAS ACTIVIDADES👀👂👇




4 de marzo de 2020

ANEMOI


Os alumnos de 4º ESO Sergio Bastón Pazó e Alejandro Cordovés Covelo serán os encargados de expoñer nun relatorio, no Congreso do alumnado da V semana das ciencias do Concello de Ponteareas, o primeiro paso dun novo programa da Augateca para alfabetización AMI en todos os niveis educativos do Centro.


Este 1º paso, no que levan traballando con seus compañeiros de clase desde principio de curso, consistiu no deseño e impresión en 3D de un anemómetro. Cun imán de neodimio e un sensor de efecto Hall conectado a unha placa arduino, programada previamente, para visualizar nunha pantalla lcd a velocidade do vento.




😎O proxecto e os seus primeiros resultados coñecerédelos de primeira man no transcurso do noso Mes da Ciencia, que como todos os anos celebramos en maio.
Con él pretendemos contribuír  desde a BE ao desenvolvemento dos 17 ODS da Axenda 2030, concretamente ao 13, referido a ACCIÓN CLIMÁTICA, e en consonancia coa nosa condición de escola asociada á RedPEA-Unesco.