22 de decembro de 2021

FELIZ NADAL

Despedimos o ano con unha intensa actividade e estes últimos días, decorada a Augateca para a ocasión, ademais ...


agasallamos con libros ...

coordinamos o tradicional concurso de postais do nadal, ca entrega dos merecidos premios ... 





e, como non!!! ...fixemos unha coidada e variada selección de lecturas para estas vacacións. 😍

Todo elo foi posíbel gracias ao entusiasmo e bo facer do noso voluntariado. 👏👏👏

Vémonos á volta!!! 🎄🎅🎉

BO NADAL E PROSPERO ANO 2022!!!



21 de decembro de 2021

PROGRAMANDO

 Sesión no espacio Maker da Augateca

O alumnado experimenta instrucións para o control de dispositivos electrónicos básicos. A aprendizaxe dunha rutina de traballo que lles conducirá á construción de robots que interactúan coa contorna de maneira autónoma. O pensamento computacional aplicado á resolución de problemas é unha ferramenta esencial na consolidación das competencias básicas. Un espazo para a igualdade na que alumnas e alumnos cooperan crean e constrúen.

20 de decembro de 2021

NOVO ANO, NOVO CALENDARIO ...

Nunha Augateca festiva, engalanada xa de Nadal, tiveron lugar as dúas xornadas adicadas ao obradoiro de papiroflexia, promovido desde o ESPAZO CREATIVO para construír un CALENDARIO ROMBODODECAEDRO co que estrear o Novo Ano.


E este foi o resultado que cada quen levou para casa!!!😍👉


A continuación tedes unha reportaxe fotográfica 👀👇 para facervos a idea do éxito da convocatoria. Gracias a todos os que colaboraron para acadalo, profes e alumnado voluntario.👏👏👏





3 de decembro de 2021

VAI TOCANDO ESTREAR CALENDARIO!

Todos temos un calendario no móvil, no ordenador, ... pero o ESPAZO CREATIVO bríndate a oportunidade de construír un ORIXINAL CALENDARIO para estrear o próximo ano.

Pon a proba túa habilidade unha vez máis! 😅



2 de decembro de 2021

Tivo lugar no recreo a primeira reunión do alumnado interesado no ESPAZO CREATIVO adicado á ROBÓTICA, que estará aberto todos os xoves na Augateca a partir de hoxe.



25 de novembro de 2021

EPB: CONTOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, ONTE E HOXE ...

 Hoxe, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a Augateca
sumouse as actividades desenvolvidas no Centro con tal motivo cunha
exposición na que recollemos o produto final do PDI no que víñamos traballando os dous últimos meses.


Nel o alumnado de 1º de Bacharelato, nas materias de Plástica e de de L. Castelá, a instancias da BE, analizou e comentou unha selección dos contos que EMILIA PARDO BAZÁN escribiu para denunciar, no seu día, as agresións contra a muller nas súas máis variadas modalidades, desde a humillación ata o maltrato físico, pasando polo abuso.

Cando conmemoramos 100 anos desde o seu falecemento, o seu contido, pese aos progresos, segue a ser parte da nosa actualidade diaria.

Neste vídeo 👇👇 podedes 👀unha parte da exposición, na que o alumnado nos achega o compromiso feminista da autora dentro do que foi unha obra extensa, de elevado nivel literario e temática moi ampla, desde contos de misterio ata a novela naturalista.

Temos expostos algúns dos seus títulos máis representativos.

 📚 Botade unha ollada! 




24 de novembro de 2021

NOVOS RETOS NO ESPAZO CREATIVO

 Engádense novos desafíos matemáticos 💪 ao espazo creativo dos venres:

distintos modelos do CUBO DE RUBIK, distintos graos de dificultade ... 

😜Ven a descubrilos!!!














21 de novembro de 2021

XORNADA BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

Este sábado asistimos a unha nova xuntanza das Bibliotecas Escolares de Galicia, que volveu a ser presencial no Palacio de Congresos de Santiago, despois da paréntese do pasado curso.

Os relatorios e experiencias compartidas xiraron en torno a oralidade (historia, modalidades, retos, ...) e o papel das BE, partindo do lema que este curso vertebra noso plan de traballo, A biblioteca escolar ten a palabra”.




15 de novembro de 2021

CONCURSO POSTAIS DE NADAL

Volvemos un ano máis a convocar o concurso de postais do Nadal, este curso co aliciente de recuperar a exposición física das mesmas.

🎄🎅🌟

As mantiñas e os libros de agasallo, estarán agardándovos no noso escaparate en poucos días!😉🎁




14 de novembro de 2021

DESENVOLVE O TEU TALENTO!!!

 Á cita dos venres no ESPAZO CREATIVO, para desfrutar dos xogos matemáticos, engadimos agora a dos xoves, cun OBRADOIRO DE ROBÓTICA!!!

Achégate es te xoves e bota unha ollada!!!😎😉 


4 de novembro de 2021

CONTOS DE MEDO ...

Nun clima festivo, o do Samagosto, o alumnado de 1º ESO desfrutou, nas primeiras horas da mañá, ca selección de libros de terror que expoñemos na Augateca e ca lectura dramatizada de catro contos arrepiantes:

  • O perfume de Mara, de Carlos Negro

  • O Suso, de Xosé Luis Méndez Ferrín

  • El cementerio inglés, de Álvaro Díaz Escobedo

  • La casa encantada, de Virginia Woolf

Noso agradecemento e parabéns ás alumnas de 1ª de BACH pola súa colaboración e excelente posta en escena. 👏👏👏







30 de outubro de 2021

XOGANDO COAS MATEMÁTICAS!!!

 Arrincou o pasado venres a actividade do espazo creativo con xogos e desafíos matemáticos.




Dada a elevada participación invadimos unha parte importante da Augateca.




O recreo fíxose corto ... e agardamos con impaciencia a nova cita semanal! 😍




28 de outubro de 2021

QUEN DIXO MEDO???

 A Augateca súmase as actividades programadas polo Centro con ocasión do SAMAGOSTO 🎃🌰 (Samaín + Magosto) do día 4 de novembro ca lectura compartida de ARREPIANTES RELATOS nunha Biblioteca de medo ... 😱




26 de outubro de 2021

TEDES UNHA CITA NO ESPAZO CREATIVO

 A PARTIR DESTE VENRES, TODOS OS VENRES DO CURSO, ESTARÁ ABERTO O ESPAZO CREATIVO DA Augateca para que desfrutedes cos xogos e desafíos matemáticos que alí temos. 

Contaredes ca axuda da profesora Noemí Fernández.



23 de outubro de 2021

LIBROS, MÚSICA, CONVERSA ... NUN DÍA PARA CELEBRAR!!!

Onte festexamos O DÍA DAS BIBLIOTECAS (24 de outubro) cunha XORNADA DE PORTAS ABERTAS na Augateca , para dar a coñecer os novos fondos, servizos e espazos, despois de permanecer pechados o pasado curso.


O obxectivo sintonizaba plenamente co lema deste ano, que fai fincapé no papel das bibliotecas como xanelas para LER, espazos onde APRENDER e lugares para DESCUBRIR.

A convocatoria resultou un éxito rotundo de afluencia e participación, como reflicten as imaxes recollidas no vídeo.👀👇 

Moitas gracias polo voso interese e entusiasmo!!!😍



19 de outubro de 2021

CRÓNICA DUNHA XORNADA MICOLÓXICA REDONDA!!!

 

Tiñamos tantas ganas de saír por cogomelos, despois do pasado curso, que adiantamos a cita que normalmente situábamos en novembro.

E non saímos defraudados! O día foi magnífico e o resultado espectacular na variedade de exemplares atopados.

A xornada comezou cunha charla formativa na propia BE, acompañada de diapositivas e o reparto dun tríptico , editado polo noso equipo, cunhas nocións básicas sobre o mundo do cogomelos e a importancia da conservación dos mesmos no seu hábitat natural.


Despois saímos a procura e recolleita pola fraga das inmediacións ao Centro, e adicamos dúas horas á clasificación no laboratorio de bioloxía coa axuda das guías que temos nos fondos da BE. o que permitiu montar unha fermosa exposición na entrada da Augateca.

Lástima que sexa tan efémera!

Parabéns ao alumnado de 4º ESO polo seu traballo!!!👌👏👏👏

AQUÍ 👇 TEDES O QUE RESTA DA  REPORTAXE👀 QUE RESUME A XORNADA