30 de xaneiro de 2019

OBRADOIRO CÓMIC


Como xa vos anunciáramos este luns desfrutamos dun interesante obradoiro de comic na Augateca dirixido ao alumnado de Plástica e 4º ESO e Debuxo Artístico I de 1ºBACH, así como alumnos especialmente interesados e con dotes para o debuxo de 1º ESO e 2º FPB.
Para dirixir a actividade acudimos a María Vilar e Iago Araújo, recoñecidos debuxantes de cómic e ilustradores, con ampla experiencia docente na súa academia Clases Comic Vigo e en numerosos obradoiros desenvolvidos en bibliotecas públicas, centros educativos e certames de comic. 
A xornada desenvolveuse en dúas sesións: as dúas últimas horas da mañá e as dúas da tarde. Na primeira mostráronos a súa obra e os materiais que utilizan e comentaron brevemente os pasos a seguir na creación dun cómic. Despois Iago explicounos como se crea unha personaxe, para pasar logo a debuxar, todos a un tempo, ao noso capitán Ahab. Xa que Moby Dyck foi o punto de partida e a inspiración para que os alumnos creen un breve comic que será un dos productos finais do proxecto interdisciplinar que este curso propuxo e coordina a Augateca para conmemorar o bicentenario do nacemento de H.Melville. 🐳


Na sesión da tarde falaron de diversos aspectos, fundamentais á hora de crear un comic, tomando como referencia moitas das obras con que conta a nosa comiteca e nos facilitaron pequenos “trucos de profesionais”. (Por certo, dixeron que contábamos cunha selección boísima, moi completa e actualizada!!!). 😁👍

Quedamos todos encantados, tanto polo obradoiro como polos comentarios animosos dos profes!!!. 👏👏👏

Podedes faceros unha idea co seguinte vídeo 👀👂👇



22 de xaneiro de 2019

ESTREAMOS ESPAZO MAKER NA AUGATECA



Un makerspace é un espazo dotado de ferramentas tecnolóxicas, fabricación dixital e maquinaria tradicional, para deseñar e construír, innovar e ser creativos, compartir, xogar, para aprender a través da experiencia, facendo. É unha filosofía ligada á idea do emprendemento.
Fundaméntase na cultura " Do it by yourself" e o obxectivo é crear e compartir.
E que mellor lugar cá biblioteca ara elo!
As nosas propostas pretenden ser do máis variadas: artes, tecnoloxía, audiovisual, son, videoxogos etc.

Arrincamos cun desafío...😈🔐



Teredes novas moi pronto!!!😉

20 de xaneiro de 2019

CITA CO CÓMIC

30 alumnos de 1º e 4º ESO, 1º de BACH e 2º FPB de Electricidade traballarán intensamente nun OBRADOIRO de CÓMIC, organizado pola Augateca,dando continuidade as iniciativas que estes últimos cursos realizamos para fomentar a banda deseñada como un extraordinario instrumento para potenciar as capacidades lectoras e creativas de todos nós.
O producto final formará parte do proxecto interdisciplinar "MOBY DICK", que estamos a desenvolver este curso.





Os voluntarios fixeron unha SELECCIÓN DOS NOSOS FONDOS, cómics para todas as idades e gustos que loce no escaparate da Augateca: Manga, clásicos, biográficos, de aventuras, históricos, ... algunhas novidades e numerosos catálogos
PESCUDA, OPINA, SUXIRE, COLLE EN PRÉSTAMO!!!

PARTICIPA DO CÓMIC!

14 de xaneiro de 2019

AXENDA CULTURAL

martes 22 de xaneiro o alumnado de 4º da ESO terá a oportunidade de asistir, no Auditorio de Ponteareas, a adaptación teatral da obra de Séchu Sende, MADE IN GALIZA, que este curso están a traballar na materia de Lingua Galega. A función correrá a cargo da compañía 🎭OS QUINQUILLANS.





E dous días máis tarde, o xoves 24, no mesmo lugar,
o alumnado de 1º e 2º de
Bacharelato poderá desfrutar 
dunha actuación musical con selo ponteareán.
🎵😎

Falamos de SonDaRúa
un grupo de rap galego,
creado en Ponteareas,
formado por Hugo Guezeta e Alex Arnoso.