23 de xaneiro de 2020

NOVAS DO ESPAZO CREATIVO


No espazo creativo trabállase e gózase cos ollos postos na Feira de Ensinanzas Profesionais, que terá lugar en Ponteareas no Pavillón Álvaro Pino, o 4 e o 5 de febreiro.

Onde pretendemos amosar os proxectos de domótica e de robótica iniciados o pasado trimestre.



21 de xaneiro de 2020

É UN ESPECTÁCULO VELAS E ESCOITALAS




Onte as narradoras orais Charo Pita e Patricia Mcgill fixéronnos pasar un rato moi agradable na Augateca cun espectáculo bilingüe no que son verdadeiras mestras.



As verbas en galego e inglés fóronnos transportando a mundos e historias afastadas, cheas de enxeño e humor, ata que o toque do timbre tróuxonos de volta.

Charo Pita di que naceu á idade de seis anos cando rematou de ler o seu primeiro libro. E dende entón non parou de alimentarse de libros e música...


16 de xaneiro de 2020

ABERTO DE NOVO O HOSPITAL DE LIBROS


As voluntarias do noso equipo de colaboradores reiniciaron as tarefas de “curadoras de libros”, os pegan,os forran, lles dan novas cubertas ...

Xa sabedes, si vedes algún libro “ferido” achegádelo ao Hospital de libros.😉


Son moitos os que nestes anos voltaron a ter vida nas mans do noso voluntariado e dos novos lectores.







14 de xaneiro de 2020

PLAN DE TRABALLO PARA O NOVO ANO


O animoso grupo de colaboradores con que contamos reuniuse, como fai cada trimestre, para comentar as tarefas de apoio que desenvolven na xestión da Augateca e, sobre todo, para planificar a súa colaboración nas actividades e proxectos dos vindeiros meses, onde se acumulan algunhas das súas intervencións favoritas como a Semana do libro ou o Mes da Ciencia e que hai que compaxinar con outras máis próximas ... 

😅Moito traballo, pero levado con humor.