30 de outubro de 2019

A MAXIA DA PALABRA


Fai uns días recibimos por segundo ano consecutivo na Augateca a SAMUEL MOUNTOUMNJOU, mediador intercultural e contacontos africano. E repetimos porque esa foi a nosa intención dende que xurdiu a maxia.



Samuel Mountoumnjou naceu no oeste de Camerún, nunha aldea onde seguen vivas moitas tradicións e costumes ancestrais. Nese contexto criouse e iniciouse na narración oral sendo aínda un adolescente. 

É profesor de idiomas e mediador intercultural. A súa formación e experiencia na docencia axudáronlle a perfeccionar distintas facetas da comunicación oral. Leva máis de10 anos traballando con nenos e nenas , contando as súas historias por España e Francia.

O seu amplo e variado repertorio está constituido esencialmente de contos, lendas, anécdotas, parábolas e mitos africanos.
Son historias cheas de calor e de cores que, ademais de entreter, invitan a pensar, potenciar valores humanos tales como a solidariedade, a convivencia, a tolerancia ou a igualdade, á vez que nos transportan ata as profundidades do continente e nos transmiten o espírito da África Negra.

As súas representacións son interactivas facendo que os rapaces representen algúns personaxes animais xa que os seus contos son moralizantes e son narrados en forma de fábula. De cada conto narrado extraese unha ensinanza que serve para desenvolvela nas aulas.



Un ano máis Samuel non nos decepcionou, a xulgar polos comentarios dos asistentes... 👏👏👏




28 de outubro de 2019

PERDOEN AS MOLESTIAS!


O departamento de electricidade en colaboración co equipo da Biblioteca e outros departamentos didácticos, está desenvolvendo un proxecto de domotización, no Espazo Creativo da Augateca. O proxecto consiste na instalación eléctrica e posterior domotización da maqueta dunha casa e dunha porta de garaxe.

Os dous primeiros xoves de novembro prepararán as maquetas, polo que farán ruído para perforalas. 🚧
Eses xoves na biblioteca non haberá moito silencio.🙉

Os propios alumnos pasarán polas clases para dar unha pequena explicación.

Animádevos a votar unha 👀

Grazas pola vosa colaboración.


1 de outubro de 2019

OLA!!!


AQUÍ ESTAMOS DE NOVO!
CA AXUDA DE TODOS VÓS ABRIMOS AS PORTAS PARA OFRECERVOS OS SERVIZOS QUE XA COÑECEDES E OUTROS NOVOS, QUE IREMOS INCORPORANDO POUCO A POUCO, E DOS QUE TEREDES NOTICIA A TRAVÉS DO BLOG E DA NOSA CARTELARÍA.

Todos eles responden ao lema que propón ás bibliotecas escolares galegas para o presente curso 2019/2020: "Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía", e que ven a resumir o conxunto de intervencións que dende hai uns anos vimos realizando na Augateca.