25 de novembro de 2021

EPB: CONTOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, ONTE E HOXE ...

 Hoxe, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a Augateca
sumouse as actividades desenvolvidas no Centro con tal motivo cunha
exposición na que recollemos o produto final do PDI no que víñamos traballando os dous últimos meses.


Nel o alumnado de 1º de Bacharelato, nas materias de Plástica e de de L. Castelá, a instancias da BE, analizou e comentou unha selección dos contos que EMILIA PARDO BAZÁN escribiu para denunciar, no seu día, as agresións contra a muller nas súas máis variadas modalidades, desde a humillación ata o maltrato físico, pasando polo abuso.

Cando conmemoramos 100 anos desde o seu falecemento, o seu contido, pese aos progresos, segue a ser parte da nosa actualidade diaria.

Neste vídeo 👇👇 podedes 👀unha parte da exposición, na que o alumnado nos achega o compromiso feminista da autora dentro do que foi unha obra extensa, de elevado nivel literario e temática moi ampla, desde contos de misterio ata a novela naturalista.

Temos expostos algúns dos seus títulos máis representativos.

 📚 Botade unha ollada! 




24 de novembro de 2021

NOVOS RETOS NO ESPAZO CREATIVO

 Engádense novos desafíos matemáticos 💪 ao espazo creativo dos venres:

distintos modelos do CUBO DE RUBIK, distintos graos de dificultade ... 

😜Ven a descubrilos!!!














21 de novembro de 2021

XORNADA BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

Este sábado asistimos a unha nova xuntanza das Bibliotecas Escolares de Galicia, que volveu a ser presencial no Palacio de Congresos de Santiago, despois da paréntese do pasado curso.

Os relatorios e experiencias compartidas xiraron en torno a oralidade (historia, modalidades, retos, ...) e o papel das BE, partindo do lema que este curso vertebra noso plan de traballo, A biblioteca escolar ten a palabra”.




15 de novembro de 2021

CONCURSO POSTAIS DE NADAL

Volvemos un ano máis a convocar o concurso de postais do Nadal, este curso co aliciente de recuperar a exposición física das mesmas.

🎄🎅🌟

As mantiñas e os libros de agasallo, estarán agardándovos no noso escaparate en poucos días!😉🎁




14 de novembro de 2021

DESENVOLVE O TEU TALENTO!!!

 Á cita dos venres no ESPAZO CREATIVO, para desfrutar dos xogos matemáticos, engadimos agora a dos xoves, cun OBRADOIRO DE ROBÓTICA!!!

Achégate es te xoves e bota unha ollada!!!😎😉 


4 de novembro de 2021

CONTOS DE MEDO ...

Nun clima festivo, o do Samagosto, o alumnado de 1º ESO desfrutou, nas primeiras horas da mañá, ca selección de libros de terror que expoñemos na Augateca e ca lectura dramatizada de catro contos arrepiantes:

  • O perfume de Mara, de Carlos Negro

  • O Suso, de Xosé Luis Méndez Ferrín

  • El cementerio inglés, de Álvaro Díaz Escobedo

  • La casa encantada, de Virginia Woolf

Noso agradecemento e parabéns ás alumnas de 1ª de BACH pola súa colaboración e excelente posta en escena. 👏👏👏