28 de febreiro de 2020

TABOLEIROS DE XADREZ TOMAN A AUGATECA

A Augateca, escenario habitual de partidas de xadrez nos recreos, acolleu onte o III Torneo de Xadrez Intercentros da nosa localidade.
Houbo premios para todos os participantes.👏👏👏🏆


24 de febreiro de 2020

RESUMO DUNHAS XORNADAS CHEAS DE AMOR


A exposición de post-it, con que o alumnado do Centro participou no sorteo da Augateca “Amor, mellor en verso”, engalanou estes días a entrada da biblioteca. 💓💙💚💛

Nela desenvolveuse, no recreo do día de San Valentín, o obradoiro de papiroflexia do que saíron un bo número de marcapáxinas con forma de corazón.💟

A semana seguinte mergullados xa no espírito do Entroido celebramos o sorteo e entregamos os premios as afortunadas gañadoras. 💝


















Toda a reportaxe a tedes neste vídeo! 👀👇



20 de febreiro de 2020

PROXECTO CALPURNIA


Como parte fundamental do Programa de intervención para a Animación a lectura nas Bibliotecas de Aula, que está a desenvolver a a Augateca este curso, deseñamos e ofrecemos ao profesorado de 1º e 2º ESO un proxecto de traballo multidisciplinar e colaborativo que bautizamos co nome de “Calpurnia”.
Na reunión, que tivo moi boa acollida, e na que estivo presente a Dirección do Centro, mostrando como sempre o seu respaldo, repartimos aos interesados as fichas de inscrición e de solicitude de materiais para as aulas que facilitará a Augateca como coordinadora do proxecto.
Así que en poucos días teredes un novo desafío nas aulas. Ánimo!
Xa veredes que divertido!😍


18 de febreiro de 2020

A AUGATECA CREA ESCOLA

Esta tarde o profesorado da BE do CES Aloya de Vigo visitou a Augateca, como parte da  formación que están a recibir a través do Cfr da mesma localidade.
A coordinadora da nosa Biblioteca amosoulles as instalacións e como dinamizar a biblioteca escolar.


13 de febreiro de 2020

CLASES NA AUGATECA?


Pois si!. 😁
Xa sabedes, as veces de mates ou de bioloxía, de historia, ... pero hai un alumnado que é asiduo, diríamos que adicto a Augateca.
É o alumnado de 1º ESO, que acompañado pola súa profesora de Lingua Castelá, Nerea Álvarez, acude unha vez á semana, tódalas semanas, para unha clase moi especial, onde falan de lecturas, consultan nosos fondos, manexan as tablets,... quen se resiste? 😉





10 de febreiro de 2020

NOSO ESPAZO CREATIVO NA III FEIRA DE ENSINANZAS PROFESIONAIS


O alumnado de 1º e 2º de FPB e o de 1º e 2º de ciclo medio de Electricidade participaron na III Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas de Ponteareas o 4 e 5 de febreiro, representando ao noso Centro.

Presentaron unha pequena mostra do que se fai nos talleres de electricidade e os taboleiros que realizou, no ESPAZO CREATIVO da Augateca, o alumnado da ESO que acude nos recreos dos xoves. En concreto:


  • Adestrador de instalacións básicas dunha vivenda realizado.
  • Control dunha porta automática de garaxe cun PLC baseado en Arduino.
Parabéns a todos eles e noso agradecemento ao Departamento de electricidade !!!😀👏👏👏.



7 de febreiro de 2020

ENGADIMOS  A CELEBRACIÓN DO DÍA DOS NAMORADOS, NO QUE SOTEAREMOS OS PREMIOS DO CONCURSO DE POST-IT "AMOR, MELLOR EN VERSO"
(que xa podedes ir 👀 na oxposición da entrada a Augateca),
UN OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA, iniciativa do departamento de Matemáticas, que animaremos cunha escolma de música para namorarse con moito ritmo.




CITA CO XADREZ