22 de decembro de 2018

BO NADAL!!!


Estes días de decembro foron especialmente festivos na Augateca. O alumnado voluntario esforzouse en crear un ambiente cálido, cunha preciosa decoración de Nadal, para acoller no noso espazo unha gran variedade de actividades, algunhas das cales fomos anunciado xa desde este blog.

O taller de pop-up elevou moito a calidade e orixinalidade das postais do Nadal que se presentaron ao concurso que este ano,


cuxos premios entregamos o mesmo día que celebramos a exposición con todas as novidades incorporadas este trimestre aos nosos fondos.


🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅

Algunhas figuran na guía de lecturas, coas recomendacións escollidas para estas vacacións, que vos repartimos. Usade os códigos QR para acceder ás reseñas, vídeos, etc.


Foi un éxito a liga de xadrez 👏👏👏
























e a charla-coloquio sobre emigración;





🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄







e espertou verdadeiro entusiasmo a proxección da película “No corazón do mar”... así que cremos merecémonos un descanso!




🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅

BO NADAL E FELIZ ANO NOVO!!! 

Até a volta!!! 😎
Tedes máis fotos das actividades neste vídeo👇👀






20 de decembro de 2018

UNHA RECOMENDACIÓN: TRILOXÍA DE TRAJANO



Hai uns días a Augateca recibiu un valioso agasallo. A doazón da novela histórica "Triloxía de Trajano", de Santiago Posteguillo, por parte do administrativo do Centro, Ignacio Rivero Madriñán. Ávido e esixente lector, accedeu a facer unha pequena reseña desta mágnífica obra para o noso blog, responsable en gran medida do seu interese por adentrarse cada vez máis no coñecemento da Historia de Roma, ata acudir ás súas fontes primarias.







Monumental novela histórica en tres libros.
Los asesinos del emperador" narra los últimos años del principado de Domiciano a los que Trajano sobrevive a base de no llamar demasiado la atención. El ritmo de la narración es trepidante y va combinando la historia romana con los personajes novelescos que aportan conocimiento sobre la vida de la gente de finales del siglo I de nuestra era.

"Circo máximo" es, quizás, la mejor narración hasta ahora del recientemente galardonado con el premio Planeta. Lo tiene todo: narra el comienzo del principado de Trajano, llena de batallas campales, de juicios en Roma, y, sobretodo, de carreras de cuádrigas. roma en estado puro. toda la emoción de la Fórmula 1 de la época salpimentada con amores imposibles, apuestas que nadie podrá pagar y todas las campañas de conquista en la Dacia, contra el grandísimo enemigo Decébalo y un papel estelar del arquitecto Apolodoro y su puente sobre el Danuvio.

"La legión perdida" es el tercer y último libro de esta serie. No es tan emocionante como las dos primeras. Narra las campañas de conquista de Partia, repesca lo sucedido en la campaña oriental de Craso siglo y medio antes (el famoso craso error), llevándonos el relato no solamente ante los partos, sino también hasta la India y hasta el imperio Chino, donde sitúa a los nietos o bisnietos de la legión perdida por Craso en Carras en el año 53 aC siguiendo así la "hipótesis de Li Jien.

En definitiva, gran biografía del primer "princeps" hispano en la Roma imperial. Muy recomendable como acercamiento a los usos y costumbres de la época, o por el simple placer de leer, ya que está escrita con rica prosa. Serás mejor de lo que eras después de leer a Santiago Posteguillo, y entenderás mejor nuestra sociedad, que sigue siendo tremendamente romana."
Ignacio Rivero Madriñán.


Santiago Posteguillo, que acaba de ser galardoado co Premio Planeta 2018, pola súa obra "Yo, Julia" , iniciou a súa carreira literaria coa exitosa triloxía Africanus, onde debulla a política e a sociedade da Roma republicana a través das figuras dos militares e estadistas Publio Cornelio Escipión e Aníbal. Estas novelas, tachadas de auténtico fenómeno e merecedoras de grandes eloxios por parte dos expertos, lograron vender até a data máis de 1.000.000 de exemplares. Camiño similar leva a súa segunda triloxía, centrada no emperador Trajano e finalizada en 2016, que xa acumula máis de 300.000 lectores.

Coñece o que autor dí da súa obra neste vídeo 👀👉



16 de decembro de 2018

CINE NA AUGATECA


Iniciamos o proxecto “MOBY DICK”deseñado e coordinado pola Biblioteca, para conmemorar o bicentenario do nacemento do escritor Herman Melville, do que iremos dando conta ao longo do segundo trimestre e cuxos resultados presentaremos con ocasión da celebración do Día do Libro en abril.

E que mellor cunha película que nos sitúe na orixe do noso interese ...




























Bota unha👀 ao tráiler👇





14 de decembro de 2018

PREMIO V CONCURSO DE PROXECTOS COORDINADOS POLA BIBLIOTECA

Lográmolo de novo!!!😅👏👏👏

Como xa acontecera no ano 2016 co proxecto "Feira da Luz", este ano fomos galardoados  pola Consellería de Educación, polo proxecto desenvolvido o pasado curso, Clepsidra. ASacra Orde do ALFIN”.👈preme

Un proxecto interdisciplinario e colaborativo, coordinado pola Augateca e destinado a contribuir a alfabetización informacional do noso alumnado.

No desenvolvemento do proxecto participou todo o alumnado de 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 1º Bacharelato, 2º Bacharelato. E traballaron 9 departamentos didácticos, cos seus profesores, dun total dos 21 con que contamos no Centro (Historia, Tecnoloxía, Matemáticas, Lingua Galega, Lingua Castelá, Plástica, Bioloxía, Física e Química e Música. Parabéns a todos!!!


9 de decembro de 2018

ENCONTRO CO ESCRITOR FRANCISCO ÁLVAREZ


O pasado curso tivemos a sorte de que KOKI , Francisco Álvarez, se pasase pola Augateca para darnos a coñecer a súa ampla obra, relatos e poesía en galego e castelán. E precisamente fixámonos no seu libro “Ratas en Manhattan", que adquirimos para noso fondo.

Sinopse
Esta é a cara B do soño americano, a que non ven os turistas. Relatos que falan do naufraxio de todos os soños, e a emigración que o autor padece na súa propia carne. A nostalxia pola propia terra, a sombra no rumor da alma. Estes son os protagonistas de Ratas en Manhattan, heroes correntes cunha identidade invisible, escondida moitas veces polo virus que borra a memoria.
 Son historias que nos levan a un espazo fronteirizo da loita pola supervivencia.

A cabalo sempre entre A Garda, onde naceu, e New York, onde reside dende 1984, falounos da súa experiencia americana e da súa faceta como escritor,

O venres teremos a oportunidade de que aborde o tema da emigración tan ligado a realidade galega, e responda ás vosas preguntas.