9 de decembro de 2018

ENCONTRO CO ESCRITOR FRANCISCO ÁLVAREZ


O pasado curso tivemos a sorte de que KOKI , Francisco Álvarez, se pasase pola Augateca para darnos a coñecer a súa ampla obra, relatos e poesía en galego e castelán. E precisamente fixámonos no seu libro “Ratas en Manhattan", que adquirimos para noso fondo.

Sinopse
Esta é a cara B do soño americano, a que non ven os turistas. Relatos que falan do naufraxio de todos os soños, e a emigración que o autor padece na súa propia carne. A nostalxia pola propia terra, a sombra no rumor da alma. Estes son os protagonistas de Ratas en Manhattan, heroes correntes cunha identidade invisible, escondida moitas veces polo virus que borra a memoria.
 Son historias que nos levan a un espazo fronteirizo da loita pola supervivencia.

A cabalo sempre entre A Garda, onde naceu, e New York, onde reside dende 1984, falounos da súa experiencia americana e da súa faceta como escritor,

O venres teremos a oportunidade de que aborde o tema da emigración tan ligado a realidade galega, e responda ás vosas preguntas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario