Onte
remataron as xornadas adicadas no primeiro trimestre á formación
dos novos usuarios da Augateca.
Os
alumnos de 1º ESO demostraron ser quen de atopar calquera dos
materiais dos nosos fondos acudindo ao catálogo en liña do noso
blog ou de maneira física nos estantes, respondendo aos desafíos
que lles prantexaron as profes do equipo da Augateca, Belinda e
Milagros.
Xogaron
e competiron con moito entusiasmo, tanto que o tempo pasou voando, e
quedaron emprazados a participar nas xornadas
do segundo trimestre, nas que se sumarán ao proxecto de
investigación que sobre a Evolución humana puxemos en marcha
para este curso, e para o que empregaran diversas ferramentas TIC.
Aquí
tedes unha escolma do acontecido en imaxes.👇👀
Ningún comentario:
Publicar un comentario