12 de novembro de 2018

!HAHULA HULA!


O pasado luns visitounos o gran SAMUEL MOUNTOUMNJOU 
coa  actividade
!HAHULA HULA!


Fillo da tradición oral, Samuel Mountoumnjou naceu no oeste do Camerún, nunha aldea onde seguen vivas moitas tradicións e costumes ancestrais. Nese contexto criouse e  iniciouse na narración oral sendo aínda un adolescente.
É profesor de linguas e mediador intercultural. A súa formación e experiencia na docencia axudáronlle a perfeccionar distintas facetas da comunicación oral. Leva máis de10 anos traballando con nenos e nenas, contando as súas historias por España e Francia.

O seu amplo e variado repertorio está formado principalmente por contos, lendas, anécdotas, parábolas e mitos africanos. Son historias cheas de calor e de cores que, ademais de entreter, invitan a pensar, potenciar valores humanos tales como a solidaridade, a convivencia, a tolerancia ou a igualdade, á vez que nos transportan ata as profundidades do continente e nos transmiten o espíritu da África negra.



¡Hahula hula! Érase unha vez…
Aínda me lembro, como si fose onte, daquelas maravillosas noites da miña infancia, en África...
Os nenos e adolescentes, sentabamonos no patio da casa ao carón do lume. Á luz da lúa. Mirabamos atentamente ao avó tumbado no seu sillón de bambú, calado e pensativo.
Despois dalgún momento de meditación – que para nós parecía unha eternidade – o avó dicía con voz profunda: “¡Hahula hula!”
Satisfeitos e entusiasmados, todos contestabamos: “¡Hahula hula!”

Así empezaba a noite de contos, a noite das mil e unha maravillas…





Isto foi o que experimentamos na Augateca de Ponteareas, cunha ambientación axeitada, os que alí estivemos. Disfrutamos dun momento máxico en francés, independientemente do nivel de coñecemento da lingua. Todos interactuamos con Samuel a ritmo de “¡Hahula hula!”.
Aquí tedes algúns dos comentarios dos nosos alumnos...

1.- “-Vaia risas! Que divertido! Sobre todo cando sairon Adrián e Luis! Historias que enganchan e un contacontos moi gracioso! Lembrades rapaces: “Hahula hula!” (3º ESO)

2.- “-Pareceume unha actividade estupenda, divertida, didáctica, amena... ao principio non entendía moito, pero logo xa fun entendendo e divertinme moito!”(3º ESO)
3.- “-Pareceume xenial a hora con Samuel, voltaría a escoitar máis contos del sen dubidalo!“Hahula hula!” (3º ESO).


4,- “-paseino moi ben! E co señor rin moito! Entendinlle a medias... Ja, ja, ja... (3º ESO).
5.- “-Pareceume aparte de divertido, entretido, xa que aprendemos unha canción africana. Gustoume tamén que participasen alumnos, así ainda foi máis divertido. A ver si volta pronto!” (4ºESO)
6.- “pareceume moi divertido e entretido! Sobre todo cando me tocou saír a min!”(4ºESO)
7.- “Foi moi divertido, aínda que tiña medo que me sacaran de axudante! Fíxose curto!(4ºESO)


Ningún comentario:

Publicar un comentario