21 de maio de 2021

BIOMAKER-AUGATECA

 

Chegamos ao ensamblado final no proxecto interdisciplinario de impresión 3D que viñamos desenvolvendo dende a Augateca, en colaboración co departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

O resultado, uns magníficos adaptadores de móbiles para microscopios que facilitarán as prácticas experimentais de todo o alumnado do Centro.

A alumna de 1º ESO A, Beatriz Míguez Hidalgo, que liderou o proceso, explícanos neste vídeo a experiencia.👀👂👇

Parabéns!!! 😍👏👏👏



20 de maio de 2021

SEGUIMOS NA ONDA!

Tras a boa acollida dos espazos radiofónicos da Semana do Libro e do Día das Letras Galegas, prorrogamos a experiencia piloto da Auga-Radio cun PROGRAMA DE DEDICATORIAS.

Ponlle música ao teu recreo!  🎵🎶





18 de maio de 2021

Estes días, co gallo do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, a voz de XELA ARIAS mostrouse máis próxima nas exposicións que montamos coa colaboración do alumnado de 2º ESO.


E, sobre todo, cas lecturas que dos seus poemas puidemos escoitar no programa que na Auga Radio lle adicaron as alumnas de 1º ESO.

Convidámoste a 👀 e 👂 neste vídeo!!! 




9 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS 2021

 XELA ARIAS, poeta e tradutora, é este ano a homenaxeada pola Real Academia Galega o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Que mellor ocasión para coñecela, que participar no programa de actividades no que colaboramos co Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso Centro.

Ademais tedes acceso a unha extensa información, que sobre a súa vida e obra ofrece a Academia, no gadget, que coa súa firma e retrato temos desde comezos de ano na marxe dereita deste blog.

Seguiremos informando ...😉




7 de maio de 2021

E ... CHEGARON OS PREMIOS!!!

Onte, grazas á xenerosidade do alumnado de 3º ESO A, que ten este curso a Biblioteca como aula a tempo completo, puidemos entregar os premios do IV CONCURSO DE MICRORRELATOS AUGATECA no espazo que merecía a ocasión. 😍🎁📚

Os seus calorosos 👏👏👏 arrouparon aos gañadores desta edición e pecharon o programa de actividades da Semana do Libro.

Podedes 👀 as fotos do acto e un pouco máis abaixo 👇 os textos 📜 premiados.









4 de maio de 2021

A IMPORTANCIA DE VISITAR E VER ...

 O pasado 29 de abril, o alumnado de Bacharelato de Latín visitou o Museo de Ponteareas para coñecer a Cultura Castrexa da zona e a influencia da romanización na nosa vila.


Descubriu así, numerosos exemplos da Cultura Galaico-romana na nosa área xeográfica.


De este xeito retomamos a colaboración con esta institución, interrumpida este último ano pola pandemia.


3 de maio de 2021

QUEN DIXO CA ÁLXEBRA ERA ABURRIDA?

 O alumnado de 2º BACH, usando os coñecementos de matemáticas e programación adquiridos durante o curso, culmina un laboratorio de Álxebra Computacional, mostrando as funcións da libraría creada en python para a resolución de problemas de álxebra.

A Augateca no seu programa ALFIN impulsa, cun enfoque constructivista, a implicación na aprendizaxe por medio de actividades prácticas de resolución de problemas. Un alumnado implicado na inserción plena na sociedade do coñecemento.

Para verificar a eficacia do software creado, compáranse os resultados con CoCalc, a versión web de SageMath, ferramenta creada pola Universidade de Washington como sistema alxebráico computacional.