Fai
uns días recibimos por segundo ano consecutivo na Augateca
a SAMUEL
MOUNTOUMNJOU,
mediador
intercultural e contacontos africano.
E
repetimos porque esa foi a nosa intención dende que xurdiu a maxia.
Samuel Mountoumnjou naceu no oeste de Camerún, nunha aldea onde seguen vivas moitas tradicións e costumes ancestrais. Nese contexto criouse e iniciouse na narración oral sendo aínda un adolescente.
É profesor de idiomas e mediador intercultural. A súa formación e experiencia na docencia axudáronlle a perfeccionar distintas facetas da comunicación oral. Leva máis de10 anos traballando con nenos e nenas , contando as súas historias por España e Francia.
O seu amplo e variado repertorio está constituido esencialmente de contos, lendas, anécdotas, parábolas e mitos africanos.
Son historias cheas de calor e de cores que, ademais de entreter, invitan a pensar, potenciar valores humanos tales como a solidariedade, a convivencia, a tolerancia ou a igualdade, á vez que nos transportan ata as profundidades do continente e nos transmiten o espírito da África Negra.
As súas representacións son interactivas facendo que os rapaces representen algúns personaxes animais xa que os seus contos son moralizantes e son narrados en forma de fábula. De cada conto narrado extraese unha ensinanza que serve para desenvolvela nas aulas.
Un ano máis Samuel non nos decepcionou, a xulgar polos comentarios dos asistentes... 👏👏👏
Ningún comentario:
Publicar un comentario