Como
xa vos anunciáramos este luns desfrutamos dun interesante obradoiro
de comic na Augateca
dirixido ao alumnado de Plástica e 4º ESO e Debuxo Artístico I de
1ºBACH, así como alumnos especialmente interesados e con dotes
para o debuxo de 1º ESO e 2º FPB.
Para
dirixir a actividade acudimos a María
Vilar e Iago Araújo,
recoñecidos debuxantes de cómic e ilustradores, con ampla
experiencia docente na súa academia Clases
Comic Vigo e en numerosos obradoiros desenvolvidos en
bibliotecas públicas, centros educativos e certames de comic.
A
xornada desenvolveuse en dúas sesións: as dúas últimas horas da
mañá e as dúas da tarde. Na primeira mostráronos a súa obra e os
materiais que utilizan e comentaron brevemente os pasos a seguir na
creación dun cómic. Despois Iago explicounos como se crea unha
personaxe, para pasar logo a debuxar,
todos a un tempo, ao noso capitán Ahab.
Xa que Moby Dyck foi o punto de
partida e a inspiración para que os alumnos creen
un breve comic que será un dos productos finais do proxecto
interdisciplinar que este curso propuxo e coordina a
Augateca
para
conmemorar o bicentenario do nacemento de H.Melville. 🐳
Na
sesión da tarde falaron de diversos aspectos, fundamentais á hora
de crear un comic, tomando como referencia moitas das obras con que
conta a nosa comiteca
e nos facilitaron pequenos “trucos de profesionais”. (Por
certo, dixeron que contábamos
cunha selección boísima, moi
completa e actualizada!!!). 😁👍
Quedamos
todos encantados, tanto polo obradoiro como polos
comentarios animosos dos profes!!!. 👏👏👏
Podedes
faceros unha idea co seguinte vídeo 👀👂👇
Ningún comentario:
Publicar un comentario