A Augateca, escenario habitual de partidas de xadrez nos recreos, acolleu onte o III Torneo de Xadrez Intercentros da nosa localidade.
Houbo premios para todos os participantes.👏👏👏🏆
28 de febreiro de 2020
24 de febreiro de 2020
RESUMO DUNHAS XORNADAS CHEAS DE AMOR

Nela
desenvolveuse, no recreo do día de San Valentín, o obradoiro de
papiroflexia do que saíron un bo número de marcapáxinas con
forma de corazón.💟
A
semana seguinte mergullados xa no espírito do Entroido celebramos o
sorteo e entregamos os premios as afortunadas
gañadoras. 💝
Toda
a reportaxe a tedes neste vídeo! 👀👇
20 de febreiro de 2020
PROXECTO CALPURNIA
Como
parte fundamental do Programa de
intervención para a Animación a lectura nas Bibliotecas de Aula,
que está a desenvolver a a Augateca
este curso, deseñamos e
ofrecemos ao profesorado de 1º e 2º ESO un proxecto de traballo
multidisciplinar e colaborativo que bautizamos co nome de
“Calpurnia”.
Na
reunión, que tivo moi boa acollida, e na que estivo presente
a Dirección do Centro, mostrando como sempre o seu respaldo,
repartimos aos interesados as fichas de inscrición e de solicitude
de materiais para as aulas que facilitará a Augateca como
coordinadora do proxecto.
Así
que en poucos días teredes un novo desafío nas aulas. Ánimo!
Xa
veredes que divertido!😍
19 de febreiro de 2020
18 de febreiro de 2020
A AUGATECA CREA ESCOLA
Esta tarde o profesorado da BE do CES Aloya de Vigo visitou a Augateca, como parte da formación que están a recibir a través do Cfr da mesma localidade.
A coordinadora da nosa Biblioteca amosoulles as instalacións e como dinamizar a biblioteca escolar.
13 de febreiro de 2020
CLASES NA AUGATECA?
Pois
si!. 😁
Xa sabedes, as veces de mates ou de bioloxía, de
historia, ... pero
hai un alumnado que é asiduo, diríamos
que adicto a Augateca.
É o alumnado de 1º ESO, que acompañado pola
súa profesora de Lingua Castelá, Nerea Álvarez, acude unha vez á
semana, tódalas semanas, para unha clase moi especial, onde falan de
lecturas, consultan nosos fondos, manexan as tablets,... quen se
resiste? 😉
10 de febreiro de 2020
NOSO ESPAZO CREATIVO NA III FEIRA DE ENSINANZAS PROFESIONAIS
O
alumnado de 1º e 2º de FPB e o de 1º e 2º de ciclo medio
de Electricidade participaron na III Feira das Ensinanzas
Profesionais e Artísticas de Ponteareas o 4 e 5 de febreiro, representando ao noso Centro.
Presentaron unha pequena mostra do que se fai nos talleres de electricidade e os taboleiros que realizou, no ESPAZO CREATIVO da Augateca, o alumnado da ESO que acude nos recreos dos xoves. En concreto:
- Adestrador de instalacións básicas dunha vivenda realizado.
- Control dunha porta automática de garaxe cun PLC baseado en Arduino.
Parabéns a todos eles e noso agradecemento ao Departamento de electricidade !!!😀👏👏👏.
7 de febreiro de 2020
ENGADIMOS A CELEBRACIÓN DO DÍA DOS NAMORADOS, NO QUE SOTEAREMOS OS PREMIOS DO CONCURSO DE POST-IT "AMOR, MELLOR EN VERSO"
(que xa podedes ir 👀 na oxposición da entrada a Augateca),
UN OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA, iniciativa do departamento de Matemáticas, que animaremos cunha escolma de música para namorarse con moito ritmo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)