22 de maio de 2017

ACTIVIDADE SOBRE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Na memoria de Agustín Fernández Paz.

O 12 de xullo de 2016 Agustín Fernández Paz deixounos para sempre, aínda non hai un ano e nós sentímolo moi preto. Desde a Augateca queremos renderlle a nosa particular homenaxe e para iso pensamos en ler a súa obra e compartir eses momentos.

E como no mundo hai moitas casualidades ímosvos contra un segredo que seguro lle gustaría.

Agustín Fernández Paz estivo destinado no IES Pedra da Auga desde o día 15-09-1.996 ata 31-08-1.999, pero pola súa intensa actividade profesional non chegou a exercer como docente no centro. Pasou pois fugazmente por aquí, pero con todo deixou a súa pegada a súa obra, por suposto, e ademais unha estraña presenza de si mesmo. Nos seus textos usa como recurso presenzas estrañas que crean certa tensión no lector e que o acompañan durante a lectura. Pois... do mesmo xeito que el facía, mentres desenvolvemos a actividade na Augateca sentímonos moi a gusto acompañados pola súa presenza amiga, el estivo, dalgún xeito, con nós.

Así o alumando de 2º da ESO coñeceu a súa obra e compartiu as lecturas do texto. Lembramos a Sara, o tío Moncho, a Illa de San Simón e todo o universo literario de Agustín. Tamén lemos tres cartas que non chegaron a destino, refrescamos un palíndromo de Gonzalo Navaza e visualizamos un traballo sobre o libro que foi levado ao Salón do libro de Pontevedra, co amor como pano de fondo.

Con este guieiro navegamos na Augateca pola augas de Noite de voraces sombras, acompañados por Agustín Fernández Paz.

19 de maio de 2017

CHARLA: O TDH

Estela Domínguez Reboreda, alumna de 1º de Bacharelato C

presenta este venres no recreo O VÍDEO que fixo para a materia de Anatomía Aplicada en colaboración co mes da ciencia da Augateca,

no que  vai explicando en que consiste o TDH ( Trastorno de Déficit de atención con Hiperactividade) e os diferentes tipos de síntomas.

A continuación haberá un coloquio, onde atenderá as preguntas que se os plantexen. ☝💬🙋

PÁSATE POLA AUGATECA!!!  😉





17 de maio de 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: CARLOS CASARES MOURIÑO


 O día 17 de maio celébrase o día das Letras Galegas cun protagonista  Carlos Casares Mouriño.

Os alumnos de 4º ESO realizaron un mural guiados polo departamento de lingua galega. Unha exposición da obra do autor cos fondos da biblioteca estará aberta ata o mes de xuño na nosa Augateca.

Ao longo desta semana os cursos da ESO e Bacharelato participarán das actividades desenvolvidas para lembrar a figura e a obra do autor homenaxeado: visitas guiadas á exposición no salón de actos sobre a biografía e obra do autor, visionado dunha curtametraxe de Vento ferido e lectura de diferentes textos do autor.

Confiamos en que gocedes coas nosas letras e da Augateca.

EXHAUCIÓN ARQUÍMIDES

O alumnado de TIC II de 2º Bacherelato preséntate UN RETO este recreo na Augateca 😵

Pensó Arquimedes en su método de exhaución:
Hay áreas que no se pueden calcular a través de expresiones algebraicas sencillas. Si una de estas áreas la podemos rellenar con rectangulos de manera que quede cubierta de forma exacta, la suma de las áreas de los rectángulos coincidirá con el área buscada. 
Como el área del rectángulo se calcula con una expresión algebraica conocida podemos hallar el área compleja sumando las áreas de los rectángulos ...


😉 Aplicamos este método al área del segmento parabólico usando el lenguaje de programación Python, el área se calcula como la suma de las áreas de un número enorme de rectángulos que  aproximan el área buscada de forma casi exacta. 😂 ASÍ DE FÁCIL

10 de maio de 2017

TEMOS NOVOS FONDOS

Nesta ocasión ademais de libros, contamos con novas pelis 💿,

gracias a doazón da profesora María Villlarino.

 Moitas gracias!!! 👏👏👏