20 de febreiro de 2018
12 de febreiro de 2018
XORNADAS FORMACIÓN ALFIN
O alumnado de 1ºESO retoma as xornadas de formación de usuarios este segundo trimestre incorporándose ao proxecto documental integrado “CLEPSIDRA: A SACRA ORDE DO ALFIN”, creado e coordinado pola Augateca, para a alfabetización informacional do noso alumnado.
Nel traballan alumnos de todos os niveis educativos, desde principio de curso, coa colaboración de numerosos departamentos didácticos.
O seu resultado presentarase en maio, con ocasión do mes da ciencia na Augateca.
O alumnado de 1ºESO aprenderá a buscar información e tratala, para finalmente, xa no terceiro trimestre, comunicar os coñecementos adquiridos sobre a orixe histórica da clepsidra, empregando as ferramentas dixitais que poñemos á súa disposición no repositorio ALFIN do noso blog.
6 de febreiro de 2018
VISITANTES DE MONDARIZ
O
pasado venres visitou noso Centro o alumnado de 4º ESO do CPI de
Mondariz, para coñecer nosas instalacións e oferta educativa.
Na
Augateca démoslles a benvida non só falando dos servizos que
prestamos, senón que puideron ver de primeira man algúns dos
proxectos interdisciplinares e colaborativos que temos en marcha para
traballar a ALFIN e a AMI, como o da “Clepsidra”, ou nos que
cooperamos, como o plan proxecta meteoescolas.
Como
agasallo levaron nosos marcapáxinas.😉
15 de xaneiro de 2018
200 AÑOS DE FRANKENSTEIN
Conmemoramos
o bicentenario da publicación de
“Frankenstein o El moderno Prometeo”
de Mary Shelley
na súa primeira edición, acaecida en Londres en xaneiro de 1818, e para moitos o mito literario, xunto a Drácula, más influente da era contemporánea.
Para
elo temos exposta na Augateca
unha selección de diferentes edicións, a vosa disposición,📚😉
e unha selección de artigos de prensa e vídeos neste blog,👀 para que os acheguedes a figura da autora e coñezades algunhas curiosidades desta brillante obra.
e unha selección de artigos de prensa e vídeos neste blog,👀 para que os acheguedes a figura da autora e coñezades algunhas curiosidades desta brillante obra.
PREME
NOS LINKS!👇
Mary Shelley,
con dezaoito anos, en tan so unhas poucas horas, esbozou o relato
curto do que nacería Frankenstein ...
A película “Remando al viento», de Gonzalo Suárez, evoca como de Mary Shelley, xunto a Byron, Polidori e o poeta Shelley aluman a criatura nunha noite de contos terroríficos.
Un monstro
embrutecido o unha criatura sensible ...
Terás visto
algunha peli do monstruo ...
É Frankenstein
un mito da cultura popular?
👉 Que queda da personaxe orixinal despois de innumerables adaptacións teatrais e cinematográficas?
👉 Que queda da personaxe orixinal despois de innumerables adaptacións teatrais e cinematográficas?
Unha reflexión
sobre os límites da ciencia, a ética ...
E
despedímonos cun sorriso 😄
21 de decembro de 2017
ÍMONOS DE NADAL CON PREMIOS...
Cada
ano é máis difícil elexir entre postaís
elaboradas con tal enxeño!.😅
Pero
non podíamos marchar sen entregar os premios e estás foron as
máis votadas... 👇
Nosos
parabéns aos gañadores, 👏👏👏
que tiveron a fortuna de acadar un libro e unha agarimosa manta para acompañar a súa lectura nestas vacacións.
BO
NADAL
E FELIZ 2018 !!!
14 de decembro de 2017
PREPARATIVOS E CONCURSO DE NADAL
Xa temos a Augateca decorada para o Nadal, un ambiente acolledor para disfrutar das lecturas compartidas, as novidades literarias, de cine, guías de viaxe...
O equipo de alumnado voluntario encargouse de preparalo todo. Aquí tedes un vídeo co seu traballo👀👇
E non podía faltar nosa GUÍA de NADAL CAS ÚLTIMAS NOVIDADES
Non te olvides de escoller as lecturas destes días de lecer.
Para
suxerir nas casas a amigos e parentes, para
regalar…
e ti?, tes xa preparada a postal navideña para o concurso que cada ano organizamos cos departamentos de inglés e francés?
Alixeira!,
aínda podes participar...
12 de decembro de 2017
CLASES NA AUGATECA
O alumnado de 3º PMAR e de1º ESO A e 1ºESO B, guiados pola profesora de Lingua castelá Pilar Santos, empregaron os recursos ALFIN do noso blog para exercitarse nas consultas e buscas de información en dicionarios e enciclopedias, tanto en papel como en liña, que tedes a vosa disposición na Augateca.
O
pasaron tan ben que pensan repetir 😉
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







