26 de abril de 2016

DIA DO LIBRO: MIRANDO O NOSO MUNDO

Outra das actividades desenroladas para conmemorar o día do libro foi organizada polo Departamento de Normalización Lingüística e coa colaboración do equipo da Augateca.
Co obxectivo de dar unha imaxe estético poética dos mundos interiores que favorecen a lectura, o Departamento de Normalización Lingüística, amosa nestes días no recibidor do centro a exposición: “Mirando o noso mundo”, unha iniciativa na que convidouse a participar a toda a comunidade educativa do noso centro, cada persoa debía elixir un libro e facerse unha fotografía gozando da súa lectura.
Preme na imaxe para acceder á galería.

Ningún comentario:

Publicar un comentario