31 de maio de 2017

Terminamos O MES DA CIENCIA da AUGATECA.
Temos que agradecer a colaboración 👍 dos departamentos de Bioloxía, Física e Química, Matemáticas e Tecnoloxía a súa colaboración para sacar adiante esta experiencia coa que a Biblioteca pretende impulsar e difundir os proxectos científicos do noso alumnado.
👏👏👏Felicitamos ao alumnado, tanto da ESO como de Bacharelato, que superando nervios de última hora defenderon os seus traballos diante da comunidade educativa cada recreo.

Por último agradecer ao profesor de Física aplicada da ETSE de Minas da Universidade de Vigo, Benito Vázquez Dorrío, a súa interesante CHARLA/OBRADOIRO de “EXPERIMENTOS CON LUZ”, onde os alumnos e alumnas que foron pasando, ao longo das dúas horas longas que durou, desfrutaron do lindo participando nunha gran variedade de actividades experimentais.
Porque o interesante é aprender facendo!!!.🏃
Animámosche a visitara páxina web clickonphysics feita polo propio alumnado de 1º curso de Graos en Enxeñería da Universidade de Vigo, onde estudantes coma vos os presentan estas e outras moitas experiencias científicas.

E xa non falamos máis, aquí tedes o esperado vídeo-resumo do mes da ciencia da Augateca😉👇👀👂

Ningún comentario:

Publicar un comentario