1 de xuño de 2018

MES DA CIENCIA NA AUGATECA


Parabéns👏👏👏 a todo alumnado da ESO e Bacharelato que durante este mes presentou e defendeu nun apertado programa 12 propostas de investigación científica da máis variada natureza e formato. 

Grazas tamén😉 ao profesorado de Bioloxía, Matemáticas, Física, TIC, Historia, Linguas, etc. que guiou seu esforzo nun proxecto que medra cada curso, en expectación e resultados, converténdose nunha auténtica festa e que facemos posible dende a  Augateca ca vosa axuda.

Neste vídeo👀👂 tedes resumidas as actividades 👇




Os proxectos de maior envergadura (Clepsidra, Mirando o noso ceo e APPyogote) sabedes que contan con seus propios vídeos, colgados xa en anteriores entradas neste blog.

Ningún comentario:

Publicar un comentario