A
semana pasada repartimos por todalas aulas e dependencias do Centro o
calendario mensual 📅da Augateca
para
o curso 2018-2019.
O
calendario e froito do esforzo do
alumnado de
plástica de 3º e 4º ESO e de Debuxo artístico de 1º e 2º BACH.
Que
o pasado cursotraballaron
a
tira cómica e a ilustración,
empregando os recursos da Augateca, co obxecto de crear
un calendario mensual cuxo
tema xira
en
torno ao mundo do libro e a lectura.Este
proxecto forma parte dunha iniciativa
emprendida pola Augateca
o pasado curso, encamiñada a potenciar
a banda deseñada
como ferramenta
para desenvolver
o pensamento crítico, a expresión escrita e gráfica e a
creatividade en xeral.
Xa
podedes anotar nel as datas dos exames, traballos e ...por que non...
os aniversarios , festas etc.😉😍👇👀
Ningún comentario:
Publicar un comentario