Un
curso máis a Augateca
completou a esperada 😍 XORNADA MICOLÓXICA,
tanto polo alumnado de 4º ESO, que cada outono encárgase
da recolleita, clasificación e
exposición dos cogomelos, como polo resto da comunidade educativa
que goza da variada e colorida mostra na entrada da Augateca.
A
xornada comezou cunha charla formativa
na propia BE, acompañada de diapositivas e o reparto dun tríptico,
editado polo noso equipo, que visualiza un resumo da mesma.
A
procura e recolleita pola fraga das
inmediacións ao Centro deu os seus froitos, o que permitiu montar a
exposición que aparece recollida nun
vídeo que vos mostramos 👀👇, xunto coas
fotos de toda a actividade.
Parabéns
ao alumnado de 4º ESO polo seu traballo!!! 👏👏👏
Ningún comentario:
Publicar un comentario