Empregando o sistema de composición de textos LateX, o alumnado que participa no Proxecta do IES Pedra dá Auga, crea documentos escritos con gran calidade tipográfica.
Trátase de dous artigos con expresións matemáticas complexas que interrelacionan moitos coñecementos de química adquiridos durante a súa formación académica, en relación co dióxido de carbono medido polo grupo de traballo, dando desta forma ao aprendido un marcado carácter propedéutico. Unha tarefa dentro da alfabetización múltiple que a Augateca, dentro do seu programa ALFIN, facilita ao alumnado: róbótica, programación, desenvolvemento das competencias comunicativas, etc.
|
Frank. Explicando as matemáticas do dióxido de carbono. CC-BYSA |
👉👀Enlace aos artigos "Masa efectiva do aire" e "Explicación das partes por millón en volume" polo grupo de traballo do Proxecta no IES Pedra da Auga: artigo_1, artigo_2
Ningún comentario:
Publicar un comentario