Inauguramos
a SEMANA
DO
LIBRO
na Augateca
coa actividade máis celebrada: O
MERCADIÑO DE LIBROS,
onde (xa dá vergoña dicilo) superamos unha vez máis os resultados
de pasadas convocatorias.
Houbo
moito onde escoller, grazas ás vosas doazóns, e os voluntarios da
Augateca fixeron un magnífico labor contribuíndo a axilizar durante
todo o recreo, 40 minutos que quedaron curtos, unha festa onde a
ritmo de boa música falouse moito de libros e de lecturas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario