31 de outubro de 2013
25 de outubro de 2013
24 DE OUTUBRO, DÍA DA BIBLIOTECA
Démoslle a benvida ó alumnado de 1º da ESO con este fermoso conto, que cobrou vida grazas ós rapaces e rapazas de 4º.
24 de outubro de 2013
24 DE OUTUBRO, DÍA DA BIBLIOTECA
Debido á folga non podemos celebrar hoxe o día da biblio, por iso, trasladamos as actividades para o próximo mércores, 30 de outubro.
No cartaz podes ver os detalles do que faremos.
No cartaz podes ver os detalles do que faremos.
18 de outubro de 2013
SUPERMAN CUMPRE 75 ANOS
O cómic de Superman publicouse, por primeira vez, en 1938. Esta curta, que repasa a súa existencia, é o seu agasallo de aniversario.
17 de outubro de 2013
PARA QUE SERVE UNHA BIBLIOTECA?
Pois que pregunta máis tonta!, pensará algún de vós... Pois para ler!
Mais unha biblioteca é moito máis que iso, é un espazo para acceder á cultura. Por iso, unha biblioteca acolle obradoiros, exposicións, clubes de lectura e a moitas actividades máis.
E para demostrárvolo, deixámosvos esta noticia sobre un concerto que tivo lugar nunha biblioteca de Vigo.
Mais unha biblioteca é moito máis que iso, é un espazo para acceder á cultura. Por iso, unha biblioteca acolle obradoiros, exposicións, clubes de lectura e a moitas actividades máis.
E para demostrárvolo, deixámosvos esta noticia sobre un concerto que tivo lugar nunha biblioteca de Vigo.
11 de outubro de 2013
CONCURSO DE RELATOS: CIENCIA QUE CONTA
Elixe un tema relacionado coa ciencia (como se inventou algo, cousas que pasan nun laboratorio, anécdotas relacionadas cun descubremento científico...), fai un relato dun máximo de 1000 palabras (uns 3 folios) e envíao.
Para participar, cubre o formulario que atoparás no seguinte enlace:
www.cienciaqueconta.com/ participa
www.cienciaqueconta.com/ participa
Se tes dúbidas, escribe un email a: contacto@cienciaqueconta.com ou consulta ó equipo da biblioteca.
Se gañas podes levar un premio e, ademais, o teu relato será publicado nun libro como estes:
A FAMA ESPÉRATE!
10 de outubro de 2013
UNHA LIBRARÍA DE CONTO
Esta libraría de Madrid está adicada ós contos. Seguro que, ó falar de contos, estás a pensar na Cincenta e outras historias similares, mais existen contos para nen@s e tamén para adult@s.
Os donos da libraría déixannos as seguintes SUXESTIÓNS:
Para iniciarse. Todo como antes, de Kjell Askildsen.
Para regalar. Matar en casa, de Jesús Urceloy.
Para descubrir. Velocidad de los jardines, de Eloy Tizón.
Para ler e reler. Tres cuentos, de Truman Capote.
Para ler polo menos unha vez na vida. Crónicas marcianas, de Ray Bradbury.
Para ler a noticia completa, fai click no seguinte enlace:
http://www.metropoli.com/salir/2013/10/07/52496886684341765300000b.html
9 de outubro de 2013
HORARIO DA AUGATECA
Atoparás a augateca funcionando no seguinte horario. Achégate!
-
HORARIO ATENCIÓN BIBLIOTECA
LUNSMARTESMÉRCORESXOVESVENRES1ª horaGARDAGARDAGARDAGARDAGARDA2ª hora-FERNANDO--JAVIER3ª horaLUZURBANO-URBANOGLORIARecreoMARTAJAVIERANAFERNANDOELVIRA4ª horaMARTALOLI-GLORIAANA5ª hora-LOLILUZGLORIAGLORIA6ª hora--ELVIRA--7ª horaSOLE8ª horaSOLE
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)