28 de outubro de 2016

UN NOBEL DE LITERATURA PARA UN CANTANTE?




A Academia Sueca outorgou o  PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2016 ao músico  BOB DYLAN "por crear unha nova expresión poética dentro da gran tradición americana da canción".


unhas letras esscritas para ser cantadas

Compositor de moitas das mellores cancións do s. XX, letras sublimes cheas de encanto e misterio como Desolation Row; baladas sinxelas como The Ballad of Frankie Lee and Judas Priest; cancións de amor como I need you; ou inquedantes como Not Dark Yet.
Sen o acompañamiento de música e voz as letras parecen incompletas ...
Preme no link e escoita ...



Pero, quen é Bob Dylan?
Preme no link

26 de outubro de 2016

MANTÉNTE ACTUALIZADO NAS TIC

Engadimos  ao noso Blog , na seción de REVISTAS, un link ao  diario de novas tecnolóxicas de Galicia, CÓDIGO CERO. É unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital e dispoñible tamén en formato impreso.

A publicación ten un extrordinario seguemento , posto que ofrece novas sobre últimos trebellos, apps, videoxogos,  artigos de opinión, listaxe coas 100 páxinas web galegas máis populares, ...
Non  te esquezas, bótalle unha ollada e dános a túa opinión.



4 de outubro de 2016

OLA DE NOVO!!!

Iniciamos o curso con forzas renovadas.
A rede de Bibliotecas escolares de Galicia á que pertencemos, escolleu como lema para o curso 2016-2017: "Biblioteca escolar - Territorio dás Artes", para facer visible esa parte do coñecemento humano que conecta directamente coa creatividade. Todas as Artes teñen cabida na biblioteca escolar. Trátase de experimentar o pracer de expresarse a través dá música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos).
Nos poñemos o noso graniño de area rendindo homenaxe a HERGÉ, con ocasión da gran exposición que sobre o seu xenio creativo inaugurouse fai uns días no Grand Palais de Paris: sete cadros dos preto de corenta que pintou entre 1960 e 1963.
Nosa exposición é máis modesta pero non menos atractiva: comics e vídeos en francés, inglés, galego e castelán. E todos a teu alcance!
Se che interesa coñecer máis sobre o creador das aventuras de Tintín, preme nos seguintes links
Cuando Hergé se cansó de Tintín y quiso ser pintor



Hergé, el héroe higienizado