13 de decembro de 2013

NADAL NA AUGATECA

Árbore de Nadal


Concurso de tarxetas de Nadal en francés


Ambientando a Augateca...



1 de decembro de 2013

DEDICATORIAS DE LIBROS PERVERSAS


Estamos cansos de coller a primeira páxina dun libro e ler o de "Á miña querida familia, sen cuxo amor e paciencia este libro non tería sido posible ", e cousas polo estilo. Non é así cando a dedicatoria vai para alguén que non se o espera, e o que o autor máis que querer, detesta.
Este é o caso da dedicatoria con que Tobias Lobo rubricou "Vida deste mozo", cheo de amargura e resentimento: "O meu primeiro padrasto adoitaba dicir que co que eu non sei podíase encher un libro. Aquí está."
E. E. Cummings decidiu dedicar o seu libro cun "Non grazas", ós que non creron nel. En concreto, ás 14 editoriais que rexeitaran os seus poemas, e para facelo mellor aínda, fixo que os seus nomes formaran unha furna.
Charles Bukowski, na súa primeira novela, "Carteiro", non atopou a quen dedicar o seu libro e escribiu: "Isto é unha obra de ficción e non está dedicado a ninguén."
Algunhas dedicatorias comezan seguindo o guión inicial para, a continuación, dar un xiro inesperado. José J. Rotman escribiu nos seus "Fundamentos da topoloxía alxebraica": "Á miña muller e ós meus fillos Margarnit Ella Rosa e Daniel Adam, sen os cales este libro tería sido rematado hai dous anos".
E por que non dedicar o teu libro a un político? Pedram Amini fíxoo en '"Fuzzing : Brute Force Vulnerability Discover": "Dedico este libro a George W. Bush, o meu comandante en xefe, cuxa impresionante carreira, a pesar da súa incompetencia lingüística, me inspirou a crer que eu podería escribir un libro".

FONTE: http://www.libropatas.com/libros-literatura/dedicatorias-de-libros-con-un-poco-de-maldad/

28 de novembro de 2013

O LIBRO MÁIS CARO DO MUNDO...

...Foi vendido en EEUU por 14,2 millones de dólares e trátase dun libro de salmos bíblicos publicado en 1640.
Coido que teremos que pedir un libro máis barato a Papa Noel, non si?


http://www.publico.es/culturas/485192/el-libro-mas-caro-del-mundo

26 de novembro de 2013

POR QUE REGALAR UN LIBRO?

1. Os libros funcionan con só abrilos (non necesitan batería).
2. Envolvelos é sinxelo.
3. Non necesitas escoller talla.
4. Podes escribir nel unha frase bonita para o destinatario.
5. Os libros non pasan de moda!
6. Os libros poden ser levados a calquera parte (incluso pasan os controis dos aeroportos!).
7. Existen libros para cada tipo de persoa.
8. Son baratos para permitir a entrada a mundos enteiros.
9. Os libros poden facer que as persoas sexan mellores.
10. Probablemente, os destinatarios prestaranche os libros cando os terminen.

ÁRBORE DE NADAL POUCO COMÚN


Unha libraría inglesa quixo adornar o seu escaparate cunha árbore de nadal pouco convencional. É tan sinxelo de facer que mesmo o poderías facer ti na casa, se contas con suficientes libros. Eso si, non utilices o de mates, que che pode facer falta! Bota unha ollada ás fotos para ver como se fixo!

6 de novembro de 2013

BÚSCASE


Deixa un comentario no blogue coa túa proposta e se resultas elixido, levarás un lote de libros. Tes de prazo ata o día 5 de decembro. Iso si, non esquezas poñer o teu nome e o teu curso para que poidamos saber quen es!
PARTICIPA!

25 de outubro de 2013

24 DE OUTUBRO, DÍA DA BIBLIOTECA

Démoslle a benvida ó alumnado de 1º da ESO con este fermoso conto, que cobrou vida grazas ós rapaces e rapazas de 4º.



24 de outubro de 2013

18 de outubro de 2013

SUPERMAN CUMPRE 75 ANOS

O cómic de Superman publicouse, por primeira vez, en 1938. Esta curta, que repasa a súa existencia, é o seu agasallo de aniversario.

17 de outubro de 2013

PARA QUE SERVE UNHA BIBLIOTECA?

Pois que pregunta máis tonta!, pensará algún de vós... Pois para ler!
Mais unha biblioteca é moito máis que iso, é un espazo para acceder á cultura. Por iso, unha biblioteca acolle obradoiros, exposicións, clubes de lectura e a moitas actividades máis.
E para demostrárvolo, deixámosvos esta noticia sobre un concerto que tivo lugar nunha biblioteca de Vigo.


11 de outubro de 2013

CONCURSO DE RELATOS: CIENCIA QUE CONTA


Elixe un tema relacionado coa ciencia (como se inventou algo, cousas que pasan nun laboratorio, anécdotas relacionadas cun descubremento científico...), fai un relato dun máximo de 1000 palabras (uns 3 folios) e envíao. 
Para participar, cubre o formulario que atoparás no seguinte enlace:

www.cienciaqueconta.com/ participa
Se tes dúbidas, escribe un email a: contacto@cienciaqueconta.com ou consulta ó equipo da biblioteca.
Se gañas podes levar un premio e, ademais, o teu relato será publicado nun libro como estes:
A FAMA ESPÉRATE!


10 de outubro de 2013

UNHA LIBRARÍA DE CONTO


Esta libraría de Madrid está adicada ós contos. Seguro que, ó falar de contos, estás a pensar na Cincenta e outras historias similares, mais existen contos para nen@s e tamén para adult@s.
Os donos da libraría déixannos as seguintes SUXESTIÓNS:

Para iniciarse. Todo como antes, de Kjell Askildsen.
Para regalar. Matar en casa, de Jesús Urceloy.
Para descubrir. Velocidad de los jardines, de Eloy Tizón.
Para ler e reler. Tres cuentos, de Truman Capote.
Para ler polo menos unha vez na vida. Crónicas marcianas, de Ray Bradbury.

Para ler a noticia completa, fai click no seguinte enlace:

http://www.metropoli.com/salir/2013/10/07/52496886684341765300000b.html

9 de outubro de 2013

HORARIO DA AUGATECA

Atoparás a augateca funcionando no seguinte horario. Achégate!

HORARIO ATENCIÓN BIBLIOTECA



LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
1ª hora
GARDA

GARDA
GARDA
GARDA
GARDA
2ª hora
-

FERNANDO
-
-
JAVIER
3ª hora
LUZ

URBANO
-
URBANO
GLORIA
Recreo
MARTA

JAVIER
ANA
FERNANDO
ELVIRA
4ª hora
MARTA

LOLI
-
GLORIA
ANA
5ª hora
-

LOLI
LUZ
GLORIA
GLORIA
6ª hora
-

-
ELVIRA
-
-
7ª hora

SOLE




8ª hora

SOLE