19 de xuño de 2015

FEIRA DA LUZ - IYL2015

Chegamos ao remate do curso e tamén do  noso proxecto estrela.



https://sites.google.com/site/feiradaluziyl2015/Parabéns a todos os que participáchedes nel, xa como actores ou actrices principais ben como entusiasta público.
A Feira da Luz, celebrada entre o 25 e o 29 de maio foi todo un éxito, froito  de moitos meses de traballo e de ilusón.
Aqui tedes por fin un recopilatorio de todas es experiencias mostradas na Feira e un vídeo resumen da mesma.


https://sites.google.com/site/feiradaluziyl2015/













http://ail2015.laserphotonics.org/?tribe_events=feira-da-luz-no-ies-pedra-da-auga-de-ponteareas
Esta actividade foi noticia no sitio oficial do Ano Internacional da Luz 2015

 Que o disfrutedes e feliz verán!!!








16 de xuño de 2015

Benvida ós nov@s usuari@s da Augateca

Como todos os anos, o alumnado de 6º de primaria visitou o noso centro. A Augateca deulles a benvida, realizando un pequeno xogo no que todos resultaron gañadores e recibiron un agasallo.















5 de xuño de 2015

Hospital de libros

Dúas voluntarias da Augateca, de 2º de Bacharelato, adicaron o seu tempo a restaurar libros, que xa pasaron por moitas mans pero que aínda poden ser útiles.
E o resultado foi máis que sobresaínte!
Non sabemos que camiño seguirán estas alumnas a partir de agora pero, se todo o fan coa mesma dedicación e cariño, augurámoslles un bo futuro!