PENSAMENTO COMPUTACIONAL
20 de febreiro de 2022
Proxecto Maker
15 de febreiro de 2022
LECTURAS DE CIENCIA PARA TODOS OS GUSTOS
Onte pechamos a exposición de lecturas de divulgación científica que, con ocasión do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, estivo aberta dende o día 10 na Augateca.
Foron moitos os alumnos e alumnas que acompañados polos seus profesores pasaron pola mostra e expresaron a súa sorpresa pola calidade, variedade e atractivo das propostas ao seu alcance.
E moitos tamén os que decidiron levar en préstamo máis dun título.
Para os que non se animaron no momento sabede que os agardan de novo nos estantes!!!
11 de febreiro de 2022
QUE ARTE!!!
Agochados nos marcapáxinas, que este venres saíron do ESPAZO CREATIVO, hai unha boa dose de matemáticas e ciencia, pero tamén de creatividade e de amor.
Feitos para agasallar o próximo San Valentín 💘, adornarán as lecturas máis diversas ...😉
8 de febreiro de 2022
ENGANCHADOS A PAPIROFLEXIA!
Un venres máis O ESPAZO CREATIVO de xogos matemáticos, opta pola papiroflexia, nesta ocasión para festexar o vindeiro 14 de Febreiro.
Seguimos no mes do AMOR. 💓💕💖💘
3 de febreiro de 2022
Onte a CANDELORIA ría 🌞, pode que “o inverno estea por pasar”, pero desfrutamos dun día case que primaveral para rematar as actividades programadas para a ocasión.
Neste vídeo recollemos as exposicións dos traballos do alumnado de 1º ESO e 1º BACH (orixes nas festas Lupercais da Antiga Roma, pervivencia cristiá, paralelismos co “día da Marmota”, refráns, poemas, ...); de libros e paxaros; a entrega de premios aos mellores tatuaxes e a sesión de tatuaxe no recreo con photocall incluído.
A verdade, non puido saír mellor!!! 👀👇😉