23 de marzo de 2018

LECTURAS COMPARTIDAS


Estas vacacións de Semana Santa que mellor que compartir unhas lecturas seleccionadas do noso escaparate do Día da Muller.


Nosa guía de lecturas incorpora como novidade códigos QR con links a apuntas editoriais ou de blogs para que accedades con maior facilidade a información sobre as mesmas.

É un novo servizo que o voluntariado da nosa biblioteca puxo en marcha e que iremos incorporando, aos poucos, para as novas adquisiciones, de forma discrecional.







ATA Á VOLTA!!! 😎👋👋👋





16 de marzo de 2018

CONTINUAMOS CELEBRANDO O DÍA DA MULLER

Hoxe entregamos na Augateca a Candela Piñeiro Estévez,

de 1º ESO, o premio ao # máis votado polo 8 de marzo, Día da Muller.

👈👏👏👏









No seguinte vídeo tedes as imaxes da entrega do premio e dos outros hasthags que competiron e que están expostos no "muro" de exposicións da Augateca, onde os colgastes. Tamén incluímos a selección de libros que para a ocasión realizaron os voluntarios dá Augateca e que exhibimos todo o mes no noso escaparate. 👀👇





7 de marzo de 2018


O ESCRITOR RAMÓN CARIDE E O ILUSTRADOR MANUEL BUSTO TIVERON UN ENCONTRO CO ALUMNADO DE 3º E 1º DA ESO

Conversaron a primeira hora da tarde do luns 5 de marzo co grupo de 3º ESO A sobre Exogamia 0.3 e Endogamia 0.2, libros escritos e ilustrados polos autores anteditos. A ficción científica e os diferentes problemas que acucian á humanidade son os temas destes dous libros de relatos pensados para a mocidade, nos que Ramón Caride desvelou a perspetiva de xénero e de denuncia social, ambiental e dos dereitos humanos que conteñen, e Manuel Busto mostrou os deseños orixinais utilizados logo de e innprirar nos diferentes relatos.


Na seguinte sesión Caride Ogando reuníuse con 1º ESO A e B, grupos que leran   O Camiño da Estadea, última entrega da prestixioa saga de ciencia ficción coas aventuras de Saíd e Sheila, exitosa pentaloxía novelada desde mediados dos anos 90, a cal inclúe como antecedentes a Perigo Vexetal, Ameaza na Antártida, O futuro roubado e a negrura do mar. Atendeu as numerosas dúbidas e preguntas colocadas pola curiosa rapazada.



Ao remate, cal Feira do Libro, ambos os dous asinaron con numerosos exemplares con dedicatorias escritas e deseñadas con carácter personalizado.





5 de marzo de 2018

NOVO SERVIZO: MOCHILAS DE GARDA


A partir do xoves, 8 de marzo, xa podedes pedir aos PROFES DE GARDA que vos leven unha das MOCHILAS que preparamos CON LECTURAS VARIADAS, escolleitas para poder gozar delas o que dura unha clase.Hai comics, revistas, relatos curtos, albumes ilustrados de diversas materias, ... en galego, castelán, inglés e francés.


PODEDES FACER SUXESTIÓNS PARA RENOVAR O SEU CONTIDO!

Dentro de cada mochila hai unhas instrucións para o seu uso e unha folla de rexistro cos materiais que conteñen.

A HORA DE GARDA PODE CONVERTERSE NA TÚA HORA FAVORITA DE LECTURA!!! 😉



A QUE MOLAN!!! 😎👆👉


2 de marzo de 2018

NOVOS TÍTULOS NO NOSO CATÁLOGO


Seguimos ampliando e diversificando a colección da biblioteca.
Aquí tedes o último!
Hai para todos os gustos, 📚 e algúns xa teñen lista de espera...
A que agardades, vinde a por eles!😍