16 de abril de 2018

ENCONTROS PLAMBE 2017/2018

O pasado venres acudimos aos ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES, celebrado no palacio de congresos de Santiago de Compostela, para estar ao tanto dos cambios que está a experimentar a BE como espazo de información, investigación e socialización. 
Unha chea de intersantes experiencias para inspirarnos!


3 de abril de 2018

CONCURSO FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA


Un curso máis animámosvos a participar no CONCURSO DE FOTOGRAFÍA convocado polo Departamento de Matemáticas, coa colaboración da Augateca.


Tedes de prazo ata o 2 de maio, inclusive.
(non fagades caso do cartel 😉)

A exposición das vosas fotografías e a entrega de premios, terá lugar o 14 de maio, no contexto das actividades do MES DA CIENCIA organizado pola nosa biblioteca.