30 de xaneiro de 2022

MATEMÁTICAS+ARTE+ENTRETEMENTO= ORIGAMI

 

O pasado venres no recreo desatouse unha auténtica febre pola papiroflexia na nosa biblioteca.

Os participantes no obradoiro manexaron todo tipo de patróns xeométricos e cores para crear os máis variados e fermososn“paxariños”, cos que contribuír a exposición da Candeloria, na que continúa traballando o voluntariado da Augateca.


Noso agradecemento e parabéns a todos eles!!!👏👏👏😍





24 de xaneiro de 2022

CASAN OS PAXARIÑOS!!!

 

O próximo 2 de febreiro é a CANDELORIA.📅

Celebramos que “medio inverno vai fóra”, xa que coincide ca metade da estación fría. Apreciamos o que medraron os días dende o solsticio de inverno, a natureza desperta, comeza o retorno das aves migratorias, os cortexos anuncian o renacer primaveral, ...🌸🐥🌞

Pescudamos nas orixes desta festa popular e preparamos 2 actividades que preludian as que imos desenvolver a partir da Candeloria (exposicións, photocall de tatuaxes, programa de radio, ...), ao longo do mes de febreiro, ... o mes do amor.💓

Anímate a participar!!!





18 de xaneiro de 2022

ESTREAMOS O NOVO LABORATORIO DE RADIO!!!

 AUGA RADIO conta xa cun novo equipamento á altura da radio que estamos a facer. 

Parabéns  e moitas grazas a todos os que colaboráchedes no proceso!!!.👏👏👏😄






14 de xaneiro de 2022

CICLO DE CINEMA&LITERATURA S. XX

 

Con motivo do CICLO DE CINEMA que iniciamos en colaboración co Cine club do Centro e o Departamento de Historia, EXPOÑEMOS unha SELECCIÓN DE NOVELAS, CÓMICS e ENSAIOS en consonancia ca temática común ao tres primeiras películas: IIGM, nazismo e Holocausto.


Participa da apaixonante relación entre a literatura e o cinema, a palabra e a imaxe, para mergullarte nese período da Historia. Anímate á súa lectura!👀👇😍