29 de xaneiro de 2020
23 de xaneiro de 2020
NOVAS DO ESPAZO CREATIVO
No
espazo creativo trabállase e gózase cos ollos postos na Feira de
Ensinanzas Profesionais, que terá lugar en Ponteareas no Pavillón
Álvaro Pino, o 4 e o 5 de febreiro.
Onde pretendemos amosar os
proxectos de domótica e de robótica iniciados o pasado trimestre.
21 de xaneiro de 2020
É UN ESPECTÁCULO VELAS E ESCOITALAS
Onte as narradoras orais Charo Pita e Patricia Mcgill fixéronnos
pasar un rato moi agradable na Augateca
cun espectáculo bilingüe no que son verdadeiras mestras.
As
verbas en galego e inglés
fóronnos
transportando a mundos e historias afastadas, cheas de enxeño e
humor, ata
que o toque do timbre tróuxonos de volta.
Charo
Pita di que naceu á idade de seis anos cando rematou de ler o seu
primeiro libro.
E
dende entón non parou de alimentarse de libros e música...
16 de xaneiro de 2020
ABERTO DE NOVO O HOSPITAL DE LIBROS
As
voluntarias do noso equipo de colaboradores reiniciaron as tarefas de
“curadoras de libros”, os pegan,os forran, lles dan novas
cubertas ...
Xa sabedes, si vedes algún libro “ferido” achegádelo ao Hospital de libros.😉
Son moitos os que nestes anos voltaron a ter vida nas mans do noso voluntariado e dos novos lectores.
14 de xaneiro de 2020
PLAN DE TRABALLO PARA O NOVO ANO
O
animoso grupo de colaboradores
con que contamos reuniuse, como fai cada trimestre, para comentar as
tarefas de apoio que desenvolven na xestión da Augateca e, sobre
todo, para planificar a súa colaboración nas actividades e
proxectos dos vindeiros meses, onde se acumulan algunhas das súas
intervencións favoritas como a Semana do libro ou o Mes da Ciencia e
que hai que compaxinar con outras máis próximas ...
😅Moito traballo, pero levado con humor.
10 de xaneiro de 2020
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)