Onte as narradoras orais Charo Pita e Patricia Mcgill fixéronnos
pasar un rato moi agradable na Augateca
cun espectáculo bilingüe no que son verdadeiras mestras.
As
verbas en galego e inglés
fóronnos
transportando a mundos e historias afastadas, cheas de enxeño e
humor, ata
que o toque do timbre tróuxonos de volta.
Charo
Pita di que naceu á idade de seis anos cando rematou de ler o seu
primeiro libro.
E
dende entón non parou de alimentarse de libros e música...
Ningún comentario:
Publicar un comentario