Despedímonos,
ata o vindeiro ano, ca entrega dos PREMIOS
do CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL que
como sempre contou cunha elevada participación
e calidade.
Parabéns
aos gañadores!!!👏👏👏😃
E
moitas gracias ao voluntariado da Augateca
pola fermosa decoración navideña!😉
O
alumnado de 2º de bacharelato ven traballando desde outubro, tomando
como núcleo central o Espazo creativo, na creación dunha consola
que da continuidade aoPROXECTO
DOCUMENTAL INTEGRADO “HOMINIDAE”, creado
e coordinado pola Augatecao
pasado curso ca
colaboración principal dos depatamentos didácticos.
E
xa temos os primeiros resultados, unha consola
cos sete cranios ao 30%, replicas exactas de fósiles
reais, para o estudo da evolución do clado* da familia
Hominidade e a programación dunha placa electrónica para o
funcionamento da consola.
O
alumnado de 1º ESO incorporouse as actividades ALFIN
da Augateca
iniciando a súa formación con dúas sesións básicas, as adicadas
ao coñecemento da nosa Biblioteca: zonas, servizos, fondos, ... En
definitiva, como espazo creativo de aprendizaxe, no que deben ser
quen de integrarse de forma autónoma para desfrutalo.
Guiados
por Nacho, membro do noso equipo caracterizado para a ocasión como
Adso de Melk (o axudante na investigación que realiza Guillermo de Baskerville na novela de Umberto Eco "O nome da Rosa"), fixeron uso dos recursos que temos no repositorio ALFIN da nosa Aula Virtual.
Tamén
entraron en contacto co PDI “Evolución
humana. Hominidae”, que
deseñado e coordinado dende a Augateca, vimos desenvolvendo dende o pasadocurso e ao que terán a posibilidade de incorporarse nos
seguintes trimestres para ampliar a a súa formación.
Un
curso máis a Augateca
completou a esperada 😍 XORNADA MICOLÓXICA,
tanto polo alumnado de 4º ESO, que cada outono encárgase
da recolleita, clasificación e
exposición dos cogomelos, como polo resto da comunidade educativa
que goza da variada e colorida mostra na entrada da Augateca.
A
xornada comezou cunha charla formativa
na propia BE, acompañada de diapositivas e o reparto dun tríptico,
editado polo noso equipo, que visualiza un resumo da mesma.
A
procura e recolleita pola fraga das
inmediacións ao Centro deu os seus froitos, o que permitiu montar a
exposición que aparece recollida nun
vídeo que vos mostramos 👀👇, xunto coas
fotos de toda a actividade.
Parabéns
ao alumnado de 4º ESO polo seu traballo!!! 👏👏👏
O
24 de outubro celebramos O DÍA INTERNACIONAL
da BE,
cunha nova XORNADA DE PORTAS ABERTAS non
recreo.
Como
noutras ocasións temos que agradecer a entusiasta participación de
toda a comunidade educativa e, especialmente, ao equipo da Augateca
e aos alumnos e e alumnas voluntarias do pasado curso no seu papel de
anfitrións, repartindo simpatía, marcapáxinas e os novos
trípticos informativos para dar a coñecer as innovacións nos servizos que ofertamos.😄👍
E
como fío condutor UNHA EXPOSICIÓN dos
nosos fondos de NOVELA NEGRA/ POLICÍACA,
un xénero que vive un momento dourado, espertando o interese tamén
dos lectores máis novos. Partindo da premisa de que son curiosos
por natureza, o desafío de resolver un enigma, case como un xogo que
ten moito de lóxico, do que se lles fai partícipes, vai
adentrándoos no pracer da lectura.
Desde
os autores máis clásicos, como Poe, Conan Doyle ou Agatha Christie,
pasando por Montalbán, aos últimos en chegar, como Ledicia Costas
ou Domingo Villar en forma de novela, cómic ou cinema, saíron dos
andeis da Augateca para chegar ás túas mans.
Fai
uns días recibimos por segundo ano consecutivo na Augateca
a SAMUEL
MOUNTOUMNJOU,mediador
intercultural e contacontos africano.
E
repetimos porque esa foi a nosa intención dende que xurdiu a maxia.
Samuel
Mountoumnjou naceu no oeste de Camerún, nunha aldea onde seguen
vivas moitas tradicións e costumes ancestrais. Nese contexto
criouse e iniciouse na narración oral sendo aínda un adolescente. É
profesor de idiomas e mediador intercultural. A súa formación e
experiencia na docencia axudáronlle a perfeccionar distintas facetas
da comunicación oral. Leva máis de10 anos traballando con nenos e
nenas , contando as súas historias por España e Francia. O
seu amplo e variado repertorio está constituido esencialmente de
contos, lendas, anécdotas, parábolas e mitos africanos. Son
historias cheas de calor e de cores
que, ademais de entreter, invitan a pensar, potenciar valores
humanos tales como a solidariedade, a convivencia, a tolerancia
ou a igualdade, á vez que nos transportan ata as profundidades do
continente e nos transmiten o espírito da África Negra.
As
súas representacións
son interactivas
facendo que os rapacesrepresenten
algúns personaxesanimais
xa que os seus contos son moralizantes e son
narrados en forma de fábula.
De cada conto narrado extraese unha ensinanza
que serve
para desenvolvela nas aulas.
Un
ano máis Samuel non nos decepcionou, a xulgar polos comentarios dos
asistentes... 👏👏👏
O
departamento de electricidade en colaboración co equipo da
Biblioteca
e
outros departamentos didácticos,
está desenvolvendo
un proxecto
de domotización,
no
Espazo
Creativo
da Augateca.
O proxecto consiste na instalación
eléctrica e posterior domotización da maqueta dunha casa e dunha
porta de garaxe.
Os
dous primeiros
xoves de
novembroprepararán
as maquetas,
polo que farán
ruído
para perforalas. 🚧
Eses
xoves na
biblioteca non haberá
moito silencio.🙉
Os propios alumnos pasarán polas clases
para dar unha pequena explicación.
CA
AXUDA DE TODOS VÓS ABRIMOS
AS PORTAS
PARA OFRECERVOS
OS SERVIZOS QUE XA COÑECEDES E OUTROS NOVOS, QUE IREMOS INCORPORANDO
POUCO A POUCO, E DOS QUE TEREDES NOTICIA A TRAVÉS DO BLOG E DA NOSA
CARTELARÍA.
Todos
eles responden ao
lema que propón ás bibliotecas escolares galegas para o presente
curso 2019/2020: "Biblioteca
escolar, viveiro de cidadanía",
e
que ven a resumir o conxunto de intervencións que dende hai uns anos
vimos realizando na Augateca.
AS IMAXES FALAN POR SI SOAS DA VARIEDADE E CALIDADE DOS PROXECTOS E EXPERIENCIAS DE INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA, PRESENTADOS Á COMUNIDADE EDUCATIVA NESTA III EDICIÓN DO MES DA CIENCIA - Augateca.
MOITAS
GRACIAS A TODOS OS PARTICIPANTES PROFESORADO E ALUMNADO VINCULADO AS
MATERIAS DE ELECTRICIDADE, FÍSICA, BIOLOXÍA, MATEMÁTICAS, TIC,
PLÁSTICA E HISTORIA.
O
alumnado de 1º ESO rematou a súa formación ALFIN na Augateca
para
este curso ca
comunicación, no marco do MES
DA CIENCIA
na Augateca,da
súa achega ao PDI
“HOMINIDAE”.
Como mostra escolleron 3 das INFOGRAFÍAS INTERACTIVAS que fixeron sobre “A Arte na Prehistoria”.
Hoxe
na Augateca
proxectamos
os vídeosque
plasman parte do traballo realizado polo alumnado da ESO e
Bacharelato implicado no PROXECTO
DOCUMENTAL INTEGRADO “A EVOLUCIÓN HUMANA. HOMINIDAE”,
creado e coordinado pola Augateca,
ca
colaboración principal
dos
depatamentos didácticos de
Bioloxía, Tecnoloxía, Plástica e Historia, para
impulsar a ALFIN no noso Centro:
-“Como
se fai un cranio 3D”,
o
alumnado de bacharelato explica os pasos que deron para
a
impresión
3D dun cranio
a partir dun fósil real,(que
xa presentáramos no blog o pasado 4 de abril) 👉👀 Premede aquí se queredes volvelo a ver.
-”Como
se pintan os cranios e fósiles impresos en 3D”,
o alumnado de 4º ESO móstranos o proceso que seguiron para dotar de
realismo, grazas a pintura acrílica, as pezas en 3D do proxecto
Hominidae.👇👀
-”Investigando
a evolución humana”,
o
alumnado de 4º ESO recolle neste vídeo unha escolma do que foi o
seu estudo paleontolóxico da familia Hominidae. Pescuda e tratamento
da información e comunicación das conclusión en pósters roll-up
que presentaron na Semana das Ciencias do Concello e que presentarán
a toda a comunidade educativa do Centro o vindeiro mércores. 👇👀
O alumnado de FPB de Electricidade e de 2º Ciclo Medio de Electricidade, dentro do programa do MES DA CIENCIA na Augateca, mostraron no recreo a unidade fotovoltaica que crearon este curso, para presentar ao Proxecto Innovación, e explicáronnos o seu funcionamento.👇👀👂