30 de marzo de 2019

Programación no Espazo Creativo(FAB LAB)

O FAB LAB da Augateca acolle ao alumnado que desenvolve dentro do proxecta do IES Pedra dá Auga a investigación do dióxido de carbono na atmósfera. Unha sesión de programación para o correcto funcionamento do sensor.

 Abraham. Programando. CC-BY-SA.

ALFIN audiovisual


Vero. Impresión. CC-BY-SA
Puri. Hominidae. CC-BY-SA
Unha sesión de alfabetización informacional no ámbito audiovisual. O alumnado fai os preparativos, e experimenta, co obxectivo da gravación do vídeo explicativo para a impresión 3D dun fósil. É unha tarefa enmarcada no proxecto Hominidae desenvolto pola Augateca
en colaboración cos departamentos didácticos.

Verónica. Ensaio. CC-BY-SA

29 de marzo de 2019

ROMARÍA POÉTICA

O pasado venres sumamos versos, alegría e comida na ROMARÍA POÉTICA que organizamos na Augateca para conmemorar o Día Mundial Da Poesía.

A biblioteca , decorada para a ocasión con “pregos de cordel”, foi escenario dunha festa popular á que acudiu boa parte da comunidade educativa, disfrazados os que quixeron, para cantar e recitar aqueles poemas e cantigas nos que traballou o alumnado de ESO e Bacharelato ao longo deste segundo trimestre. Versos no seu idioma orixinal (francés, inglés, latín, grego, romanés, ...) e que podían seguirse en galego na pantalla da Augateca.

Fixeron de fío condutor O Cego (O Caruncho) e o seu Lazarilla (Chus Iglesias) interpretando coplas e improvisando, con gran enxeño, versos que enlazaban uns poemas con outros ou aludían aos presentes.

Tortillas e gaitas pecharon a xornada festiva!E aquí tedes un resumo 👀👂👇


27 de marzo de 2019

Ensaio semana das ciencias

O alumnado de cuarto da ESO fai un ensaio xeral na  Augateca en relación co traballo  sobre a evolución humana que se está desenvolvendo como proxecto documental integrado, Hominidae . A semana das ciencias, coa  exposicion pública do material creado ata o momento, require unha profundización e reflexión para unha correcta comunicación.

Lilly Bolero. Homo4. En youtube. CC-BY-SA

15 de marzo de 2019

INVITACIÓN Á UNHA ROMARÍA POÉTICA NA NOSA AUGATECA

Este curso celebraremos O DÍA MUNDIAL DA POESÍA, xoves 21 de marzo, ca organización dunha ROMARÍA POÉTICA o venres 22 no recreo (entrada libre) e a 4ª e 5ª hora para o alumnado de 2º ESO e os inscritos como recitadores ou músicos dos demais cursos.


NON FALTEDES !!! Haberá música en directo, poemas, cantigas  e Cantares de Cego interpretados polo regueifeiro Luís Correa O Caruncho, no papel de cego, acompañado por Chus Iglesias, no papel de lazarilla.








11 de marzo de 2019

III CONCURSO MICRORRELATOS-AUGATECA

COMO PARTE DAS ACTIVIDADES QUE DESENVOLVEREMOS PARA  CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO, O 23 DE ABRIL, 📚📘📚

E COMO PRODUCTO DO TRABALLO DESENVOLVIDO NAS AULAS CA UNIDADE DIDÁCTICA ELABORADA POLA AUGATECA PARA  EXERCITAR AO ALUMNADO NESTA MODALIDADE NARRATIVA.


ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

ESTE CURSO  AÍNDA TEDES MÁIS OPORTUNIDADES DE GAÑAR
 UN FABULOSO PREMIO 🎁,
 XA QUE PODEDES PARTICIPAR
 NAS CATRO CATEGORÍAS OU IDIOMAS INDICADOS🎁🎁🎁🎁. 😉

9 de marzo de 2019

Proxecta no Espazo Creativo

A directora do IES acompaña ao alumnado que experimenta coa tecnoloxía de infravermello non dispersivo no espazo creativo( FAB LAB) da Augateca, no marco do Proxecta, na montaxe do circuíto para a medida do dióxido de carbono.


Lilly Bolero .Proxecta na Augateca. En youtube. CC-BY-SA

8 de marzo de 2019

IMPRESIÓNS DA VISITA AO MUSEO MASSÓ

Aquí tedes un vídeo👀 no que resumimos a visita 🚌do alumnado de 4º ESO ao Museo Massó en Bueu para obter información de primeira man sobre a transcendencia que tivo en Galicia a caza da balea.Un paso máis na actividade de investigación que están a realizar sobre a pesca da balea🐋 ao longo da historia, como parte do proxecto integrado, deseñado e coordinado pola Augateca, para conmemorar o bicentenario do nacemento de Herman Melville, autor da novela Moby Dick, e cuxos resultados comunicarán na Semana do Libro.
👇👀👂


7 de marzo de 2019

ALFIN. PROCURA DE INFORMACIÓN.


Belinda. Licenzas. CC-BY-SA
Belinda. Google. CC-BY-SA
O alumnado de primeiro da ESO desenvolve as súas competencias  ALFIN na  Augateca. Hoxe foron tratados temas tan importantes como a procura de información, a propiedade intelectual, e como facer referencias  webgráficas e bibliográficas precisas  e respectuosas coa  lei. O profesorado da  Augateca guía  ao alumnado nunha práctica, que servirá para a correcta procura de información e para a súa posterior reelaboración e publicación, enmarcada no  proxecto documental integrado Hominidae.

Belinda. Citar unha páxina web. CC-BY-SA