31 de outubro de 2018
26 de outubro de 2018
25 de outubro de 2018
FESTA NA AUGATECA
Onte
animados pola música dos Waterboys (homenaxe aos nosos invitados
irlandeses destes días) celebramos a reapertura da Augateca. 😁
Foi
unha festa concorrida e buliciosa. 👀👂🎉
Os
alumnos voluntarios doutros cursos actuaron como anfitrións xunto
cos profesores do equipo bibliotecario.
Regalamos marcapáxinas e
calendarios da Augateca, así como os novos trípticos informativos,
que dan a coñecer os nosos servizos e pautas de funcionamento.
A
exposición das últimas adquisicións incorporadas a colección da
BE (cómics, revistas, novelas xuvenís e de adultos, guías para
debuxar cómic ou aprender a xogar ao xadrez) foron moi ben acollidas
e xeraron xa reservas e listas de espera.
Inscribíronse
un bo número de alumnos e alumnas nos equipos de colaboradores da
Augateca e no club de lectura, que comeza a funcionar a próxima
semana.
Caramelos
e chocolatinas voaron en dous minutos!!! 😱😂
Pero,
sobre todo, compartimos a ilusión que xera o estrear un espazo
renovado, amplo, diáfano e cheo de posibilidades.
Moitas
grazas!👏👏👏
19 de outubro de 2018
FESTA DE REAPERTURA
Que mellor ocasión para volver a abrir as portas da Augateca que O DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR (24 DE OUTUBRO).
Unha Biblioteca co dobre de superficie, que acolle agora non seu interior espazos para obradoiros e exposicións, un amplo recuncho para a lectura informal e unha área de estudo máis folgada.
Agradecemos o esforzo e a colaboración de toda a comunidade educativa para acadar este obxectivo. Imprescindíbel para satisfacer dun xeito adecuado as necesidades dunha biblioteca sempre en evolución e á altura dos novos retos educativos.
Agradecemos o esforzo e a colaboración de toda a comunidade educativa para acadar este obxectivo. Imprescindíbel para satisfacer dun xeito adecuado as necesidades dunha biblioteca sempre en evolución e á altura dos novos retos educativos.
18 de outubro de 2018
SAMAÍN
O
EDLG DO IES PEDRA DA AUGA convoca,
ca colaboración da
Augateca o
I
CONCURSO DE RELATOS DE MEDO
BASES:
-
Poderá participar todo o alumnado da ESO e Bacharelato.
-
Os relatos estarán escritos en lingua galega.
-
As historias serán de medo.
-
Deberá levar un título e presentarase a ordenador ou con letra clara.
-
O prazo de presentación remata o 29 de outubro. Os textos serán entregados ao profesorado de Lingua Galega e Literatura
.
ANÍMATE A PARTICIPAR!!! 😉
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)