25 de outubro de 2018

FESTA NA AUGATECA


Onte animados pola música dos Waterboys (homenaxe aos nosos invitados irlandeses destes días) celebramos a reapertura da Augateca. 😁



Foi unha festa concorrida e buliciosa. 👀👂🎉

Os alumnos voluntarios doutros cursos actuaron como anfitrións xunto cos profesores do equipo bibliotecario.

Regalamos marcapáxinas e calendarios da Augateca, así como os novos trípticos informativos, que dan a coñecer os nosos servizos e pautas de funcionamento.



A exposición das últimas adquisicións incorporadas a colección da BE (cómics, revistas, novelas xuvenís e de adultos, guías para debuxar cómic ou aprender a xogar ao xadrez) foron moi ben acollidas e xeraron xa reservas e listas de espera. 



Inscribíronse un bo número de alumnos e alumnas nos equipos de colaboradores da Augateca e no club de lectura, que comeza a funcionar a próxima semana.




Caramelos e chocolatinas voaron en dous minutos!!! 😱😂
Pero, sobre todo, compartimos a ilusión que xera o estrear un espazo renovado, amplo, diáfano e cheo de posibilidades.

Moitas grazas!👏👏👏

Ningún comentario:

Publicar un comentario