19 de decembro de 2014

18 de decembro de 2014

Libros + cine

Despedimos o trimestre, como parte das actividades navideñas, coa proxección de dúas estupendas películas baseadas en senllas novelas moi recomendables:

  •  "Cometas no ceo"
  •  "Nin un menos"
Foron un éxito. Comentarémolas á volta de vacacións, coa axuda das fichas que cubristes.



12 de decembro de 2014

J.M. Gisbert na Augateca

No encontro que tivo lugar primeiro no salón de actos e despois na biblioteca, o escritor retou a nosa imaxinación con enigmas , soños e labirintos, creando unha atmosfera máxica, moi próxima á dos seus libros.
Como colofón estampou a súa firma e simpatía en todos os exemplares que da súa obra puxemos ao seu alcance.Prometeu volver!






8 de novembro de 2014

Trala pista do crime

Chega á Augateca unha chea de exemplares de novela negra, moitos deles adaptados xa ó cinema. Aínda que este xénero tense posto moi de moda por mor dos autores nórdicos, hai moi bos títulos con outras procedencias, incluso do noso país.
Elixe o que máis che seduce e vén buscalo á Augateca!
Preme na imaxe para acceder ós títulos e ás sinopses

3 de novembro de 2014

Samaín

Os rapaces de 4º de ESO atemorizaron ó alumnado de 1º da ESO coas súas historias... aínda que, desta volta, non se trataba de amedrentalos co profesorado co que é máis difícil aprobar ou coas novatadas que lles podían agardar no insti ;-)
Nesta ocasión, Brenda e Naila, leron e dramatizaron historias de medo da literatura universal ("El corazón delator", de EDGAR ALAN POE  e "¿Fue un sueño?", de GUY DE MAUPASSANT).
Fixéronnos pasar bastante medo, ó que tamén contribuiu a ambientación da Augateca, que se puxo para a ocasión as súas máis aterradoras galas.

SAMAÍN on PhotoPeach

30 de outubro de 2014

Ábreos...Se te atreves!

Preme na imaxe para coñecer as novidades de terror que chegaron por Samaín á Augateca.

E se coidas que non tiveches suficiente medo, pódelo intentar con algún dos títulos desta escolma de libros de terror da biblio.

Feliz Samaín!


27 de outubro de 2014

O poder agochado nos libros da biblioteca

Como un rapaz sen estudios foi quen de xerar electricidade para a súa familia a partir de esquemas e cadros dun libro que colleu na biblioteca.
Abraiante!

Vía Trafegando ronseis

23 de outubro de 2014

Novidades para @s lector@s máis nov@s

Coincidindo co inicio do clube de lectura, dámosvos a coñecer as últimas incorporacións da sección xuvenil. 
Recién saídas do forno! BO PROVEITO!

Preme na imaxe para ter máis info sobre os libros.



2 de outubro de 2014

Vén á Augateca!

A Augateca xa abriu as súas portas! Vén a visitarnos!
Podes atopar a un encargad@ da biblio no seguinte horario:

HORARIO ATENCIÓN BIBLIOTECA 2014-15

LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
1ª hora
GARDA GARDA GARDA GARDA GARDA
2ª hora
GLORIA LOLI SOLE - GLORIA
3ª hora
JUAN A. GLORIA MARTA LUZ XABIER P.
Recreo
LUZ XABIER P. JAVIER IRENE MARTA
4ª hora
IRENE GLORIA SOLE JUAN A. -
5ª hora
JAVIER - - LOLI -

12 de xuño de 2014

Veñen nov@s lectores para a Augateca!

Onte estiveron os rapaces e rapazas de 6º de primaria visitando o que será o seu centro o vindeiro curso. Entre os espazos que visitaron estivo a Augateca e levaron un agasallo elaborado por eles mesmos: un marcapáxinas de esquina. Así de chulo lles quedou!

4 de xuño de 2014

Contando libros ós "peques"

O alumnado de 1º ESO A estivo de visita no colexio no que fixeron a Educación Primaria para representar un conto ós nen@s de Infantil.

O libro elixido foi o seguinte:
http://es.calameo.com/read/0010138356b950653b467

Podes ver o ben que o pasamos todos, premendo na foto:













NORABOA!

25 de maio de 2014

Quino, premio Príncipe de Asturias

No 50 aniversario de Mafalda, o debuxante foi galardoado co premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades 2014.
Ninguén lle botaría os anos a esta rapaza, verdade?

Para saber máis sobre a noticia, preme no enlace:

24 de maio de 2014

Remate das obras na Augateca

Grazas a tod@s pola vosa colaboración e, especialmente, ó "equipo A", que tanto carretaron caixas como ordearon libros ou moveron estantes...
https://plus.google.com/photos/116706322343902460450/albums/6017358400097657697?authkey=CMiC38fs4Mq7wAE


28 de abril de 2014

Actividades no día do libro

Podes ver o que fixemos, premendo na imaxe:

https://plus.google.com/photos/116706322343902460450/albums/6018439931479847825?authkey=CK_XkfDL1K3NAw

Día do Libro




Este ano, como xa anunciaramos,  o celebramos sumándonos ao homenaxe polo centenario do nacemento dun dos escritores máis emblemáticos  do "boom latinoamericano", JULIO CORTÁZAR, cun apretado programa de actividades e cunha exposición.

25 de abril de 2014

Revolución dos cravos

O departamento de portugués falou do movemento que rematou coa dictadura de Portugal e que se conmemora o día 25 de abril.









Para escoitar o himno da Revolución e ver imaxes da mesma, preme no vídeo:

21 de abril de 2014

Fotos de libro

Os bibliotecarios húngaros idearon un xeito de promover a lectura dos libros ben inxenioso, non si?





Bota unha ollada a todas as fotos no enlace á fonte orixinal!


18 de abril de 2014

GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ



"Muchos años después, frente al pelotón de fusilamiento, el coronel Aureliano Buendía había de recordar aquella tarde remota en que su padre lo llevó a conocer el hielo. Macondo era entonces una aldea de 20 casas de barro y cañabrava construidas a la orilla de un río de aguas diáfanas que se precipitaban por un lecho de piedras pulidas, blancas y enormes como huevos prehistóricos. El mundo era tan reciente, que muchas cosas carecían de nombre, y para mencionarlas había que señalarlas con el dedo ...." (Cien años de Soledad)


Así comineza la obra más conocida de GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ (Aracataca, Colombia, 6 de marzo de 1927) y que falleció el 17 de abril de 2014 en Ciudad de México a la edad de 87 años. Estaba considerado uno de los mejores escritores en lengua española del siglo XX. Premio Nobel de literatura en 1982 es autor de obras tan reconocidas como Cien años de soledad, El otoño del patriraca, Crónica de una muerte anunciada  o  El amor en los  tiempos del cólera.

2 de abril de 2014

23 DE ABRIL, DÍA DEL LIBRO

  • ¿Por qué celebramos el día del libro el 23 de Abril?....
  • ¿Desde qué año se entrega el Premio Cervantes?
  • ¿Sólo son premiados autores nacidos en España o también se otorga a escritores hispanoamericanos?
  • ¿A quién se le entrega el galardón este año?




21 de marzo de 2014

A orixe do Día Mundial da Poesía

O 21 de marzo celébrase o día Mundial da Poesía. Esta celebración foi instaurada oficialmente pola UNESCO no ano 2000 co obxectivo de poñer en valor a poesía como unha forma máis de expresión lingüística e como vehículo de transmisión cultural.
Nas súas orixes, o día conmemorábase o 15 de outubro, data na que naceu o poeta clásico latino Virxilio, autor da Eneida ou das Bucólicas.

26 de febreiro de 2014

MARÍA MENÉNDEZ NA AUGATECA

Despois de contarnos moitas curiosidades sobre o mundo dos libros no salón de actos, a autora amosouse encantada de charlar con nós na biblioteca. Graciñas!






22 de febreiro de 2014

NO PEDRA DA AUGA FÁLANSE MOITAS LINGUAS!

O día dos namorados recitamos poemas en: castelán, galego, inglés, francés, rumano... e ata en chino e árabe!
Preme na imaxe para ver fotos do recital.



TWEET GAÑADOR DO CONCURSO

Marta Berciano de 2º de Bacharelato foi a autora do tweet premiado cunha cea romántica no restaurante O Parrulo de Ponteareas.
Desexamos que ti e o teu acompañante disfrutarades moito da cea! Noraboa!

31 de xaneiro de 2014

ACEPTA O DESAFÍO...

...REMATA COA DISCRIMINACIÓN!




Os alumn@s de 4º ESO traballaron na montaxe dunha exposición sobre a vida de Mandela, o apartheid e outras discriminacións na actualidade.




E este foi o resultado!!

30 de xaneiro de 2014

A LADRONA DE LIBROS


Esta película, baseada no best-seller do mesmo título, pódese atopar, actualmente, en cartelera.
Narra a historia dunha rapaza chamada Liesel, na Alemania da II Guerra Mundial, desde o momento en que é enviada a vivir cunha familia de acollida. Para Liesel, o poder das palabras e da imaxinación convírtese nunha forma de escapar dos tumultuosos eventos que a rodean, tanto a ela como a toda a xente que coñece e quere. 
  • Título: La Ladrona de Libros
  • Director: Brian Percival
  • Reparto: Sophie Nélisse, Geoffrey Rush, Emily Watson, Nico Liersch, Ben Schnetzer
  • Año: 2013
  • Duración: 131 minutos

27 de xaneiro de 2014

GÚSTANOS LER!

Recomendámosche a web www.megustaleer.com polas súas suxerencias de libros da sección de literatura xuvenil.


Nalgúns casos engádense "extras" no que podes ler o primeiro capítulo do libro para ver se te engancha.



20 de xaneiro de 2014

OS MISERABLES


Desde A quinta dos libros, a biblio do CPI Os Rosais, recoméndannos esta peli musical, que está baseada nun clásico da literatura escrito por Víctor Hugo.
http://cinenaquinta.blogspot.com.es/2014/01/los-miserables.html
A historia transcurre na Francia do século XIX, nunha época de revoltas na que as clases máis baixas loitan por conseguir unha sociedade máis xusta.
E se podes acercarte a Vigo, tes a posibilidade de  disfrutar do musical en directo, do 12 ó 16 de febreiro. Aínda que as entradas son un pouco caras, paga a pena!
http://www.losmiserables.es/entradas/comprar-entradas.php?gira=vigo

10 de xaneiro de 2014

BOOK TRAILERS: AS NOVAS SINOPSES

Unha das últimas tendencias para promocionar unha novela é realizar un vídeo curto, similar ós trailers cinematográficos que promocionan filmes ou series de televisión. O booktrailer emprega música, imaxes, secuencias grabadas, efectos, etc., sobre os aspectos máis chamativos do libro para captar a atención dos lectores.
Un exemplo destes book trailers sería este sobre "Pomelo y limón", unha das últimas novidades adquiridas pola Augateca.