3 de novembro de 2014

Samaín

Os rapaces de 4º de ESO atemorizaron ó alumnado de 1º da ESO coas súas historias... aínda que, desta volta, non se trataba de amedrentalos co profesorado co que é máis difícil aprobar ou coas novatadas que lles podían agardar no insti ;-)
Nesta ocasión, Brenda e Naila, leron e dramatizaron historias de medo da literatura universal ("El corazón delator", de EDGAR ALAN POE  e "¿Fue un sueño?", de GUY DE MAUPASSANT).
Fixéronnos pasar bastante medo, ó que tamén contribuiu a ambientación da Augateca, que se puxo para a ocasión as súas máis aterradoras galas.

SAMAÍN on PhotoPeach

Ningún comentario:

Publicar un comentario