As
imaxes falan por si soas da variedade
e calidade dos proxectos e experiencias científicas presentados e
defendidosante
a
comunidade educativa, nesta
SEMANA
DA CIENCIA-Augateca,polo
propio
alumnado
que
os traballou estes últimos meses ca vista posta nestas
datas.
Moitas
gracias a todos os participantes, profesorado e alumnado vinculado as
materias de Física, Bioloxía, Matemáticas, TIC e Plástica.👏👏👏 E, por
suposto, ao público por seu estímulo e achegas.😉
Onte
entregamos os premios 🏆
aos gañadores do V
CONCURSO DE MICRORRELATOS-AUGATECA(cuxa
acta publicamos o pasado luns),
un libro escollido de xeito personalizado e un vade para súa mesa de
estudo.
Algúns
deles, a dicir do xurado, teñen un talento que
deben cultivar e desenvolver. Non lles perderemos a pista! 😉
Parabéns
a todos eles!!!.
👏👏👏
E
hoxe rematamos a SEMANADOLIBRO
por
todo o alto: XOGAMOS
AO TRIVIAL!.
A Augateca tomou a palabra con preguntas aos equipos concursantes
sobre as máis variadas materias. Para elo contamos ca colaboración
dos departamentos de Matemáticas e Galego.
O
nivel foi moi bo! 😎💪
Grazas
a todos pola vosa participación!!!
Tedes
unha reportaxe de ambos eventos neste vídeo 👀😍👇
Recobramos
para a SEMANADOLIBRO
unha das actividades máis celebradas, O
MERCADIÑO DE LIBROS.
A
oferta foi do máis variada, grazas as vosas doazóns.
O
facer dos voluntarios e voluntarias da Augateca, nun alarde de
simpatía e profesionalidade, fixo
do evento unha festa chea de bo
humor, músicae
recomendacións lectoras.😉😍
Moitas
grazas por participar!!!
👏👏👏
No
seguinte vídeo 👀👂 tedes a reportaxedo
mercadiño que
fixemos e que inclúe
tamén
imaxes da actividade “UN
LIBRO PARA TEU AMIGO INVISIBLE”,
protagonizada polo profesorado un día antes.👇
Que
mellor para inaugurar as xornadas da SEMANADOLIBRO,
que organizamos cada curso desde a Augateca,
este ano baixo o lema “A biblioteca ten
a palabra”, que un CONTACONTOS
en francés.
Fillo
da tradición
oral,
Samuel
Mountoumnjou
naceu no oeste de Camerún, nunha aldea onde seguen vivas moitas
tradicións e costumes antigas. E
alí encontra a inspiración parao
seu amplo e variado repertorio, formado fundamentalmente por
historias, anécdotas, parábolas e mitos africanos.
O
alumnado da ESO, asistiu
e interactuou con el
en quendas ao longo da maña, acadando
unha atmosfera máxica entretecida a base de palabras.
Desenvolvendo unha aplicación móbil coa contorna de programación visual MIT App Inventor. O noso pequeno robot seguirá as instrucións que lle enviemos desde o teléfono móbil grazas ao módulo bluetooth e á nosa programación modular. O deseño e a programación de obxectos para o control a distancia.
Esta
mañá o alumnado de 3º ESO desfrutou do ENCONTRO
CA AUTORA do libro “Galegas na
Ciencia”,Isabel
Blanco. Quen explicounos as motivacións, así como, o
camiño percorrido para lograr plasmar de xeito ameno, á vez que
rigoroso, os logros desas vinte científicas galegas, todas elas
pioneiras no seu campo e descoñecidas para a gran maioría.
Estamos
preparando a SEMANA DO LIBRO e,
entre outras actividades, volveremos a ter omercadiño
solidario
de libros despois de dous anos de ausencia pola pandemia.
Onte
o alumnado do Club de Lectura- Augateca
esperaba ilusionado á autora da novela
que estas últimas semanas ocupara o seu tempo de lectura, de
reflexión e de charla. E non lles defraudou!, todo o contrario.
Pilar
Ortegaesmerouse
cos seus interlocutores favoritos, os lectores xuvenís, respondendo
as preguntas que aos poucos foron desvelando o xerme da novela que
lles cativou, os seus lazos afectivos cos personaxes, o proceso
creativo... Para adentrarse, ao mesmo tempo, na súa vocación
temperá de escritora, as súas peripecias editoriais, a ansiada e
necesaria gratificación que supoñen os premios literarios, etc.
Agradecemos
a Pilar a naturalidade e o agarimo que nos brindou. Esperamos que as
obras nas que traballa cheguen pronto ás librarías, para atoparnos
de novo ao redor delas.
E
aos que aínda non leron “Ou segredo da Al’Eume” dicirlles que non o pensen, encantaravos
como a todos nós. (Ah!, agora temos todos os exemplares firmados
pola autora! 😎 )
A
continuación tedes as fotos do coloquio
na Augateca e un vídeo da entrevista
radiofónica, que podedes volver a escoitar nos podcast da
Augaradio..👀👂👇
Parabéns
a todos os que participaron polo seu excelente traballo!!! 👏👏👏
Traballando no deseño das funcións para o avance e retroceso do robot. Estas funcións activaranse desde o móbil pulsando os botóns que se programan con MIT App Inventor. Outra das tarefas que se fan estes días no Maker da Augateca é a aprendizaxe do traballo con números aleatorios lendo o ruído dunha saída analóxica para xerar a semente que permite unha aleatoriedad perfecta.
O
pasado venres a Augateca viuse desbordada pola enorme participación
no concurso que, en colaboración co Departamento de matemáticas,
organizamos desde noso espazo creativo.
Os
coarenta minutos do recreo fixéronse pouco para os entretidos
participantes e, por elo, prometemos unha nova edición antes de que
remate o curso. 😍
Co
gaio de celebrar O DÍA π(14 de marzo) a Augateca únese ao programa de
atividades cunha proposta desde O ESPAZO CREATIVO, un CONCURSO
DE CIFRAS E LETRAS.
Traballando nun proxecto que combina o prototipado, a programación de arduino e a creación de aplicacións para móbiles.
A programación en arduino do driver L298N é o primeiro paso para controlar o robot, os motores cumplirán nosas órdenes. O seguinte paso será a programación dun módulo bluetooth e a creación dunha aplicación móbil para o control a distancia do robot, para iso usaremos MIT App Inventor.
Onte
pechamos a exposición de
lecturas
de divulgación científica que, con ocasión do DÍA
INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, estivo aberta
dende o día 10 na Augateca.
Foron
moitos os alumnos e alumnas que acompañados polos seus profesores
pasaron pola mostra e expresaron a súa sorpresa pola calidade,
variedade e atractivo das propostas ao seu alcance.
E
moitos tamén os que decidiron levar en
préstamo máis dun título.
Para
os que non se animaron no momento sabede que os agardan de novo nos
estantes!!!
Agochados nos marcapáxinas, que este venres saíron do ESPAZO CREATIVO, hai unha boa dose de matemáticas e ciencia, pero tamén de creatividade e de amor.
Feitos para agasallar o próximo San Valentín 💘, adornarán as lecturas máis diversas ...😉
Un venres máis O ESPAZO CREATIVO de xogos matemáticos, opta pola papiroflexia, nesta ocasión para festexar o vindeiro 14 de Febreiro.
Seguimos no mes do AMOR. 💓💕💖💘
3 de febreiro de 2022
Onte
a CANDELORIA
ría 🌞,
pode que “o inverno estea por pasar”, pero desfrutamos dun día
case que primaveral para rematar as actividades programadas
para a ocasión.
Neste
vídeo
recollemos as exposicións
dos traballos
do alumnado de 1º ESO e 1º BACH (orixes
nas festas Lupercais da Antiga Roma, pervivencia cristiá,
paralelismos co “día da Marmota”, refráns, poemas, ...); de
libros
e paxaros;
a entrega
de premios aos mellores tatuaxes
e a
sesión de tatuaxe
no recreo con photocall
incluído.