👀👀 mira a nosa presentación de fotos de Rosalía |
22 de febreiro de 2017
21 de febreiro de 2017
SEMPERE E IRLANDA II
A actividade que tiñamos preparada para nosos convidados irlandeses do proxecto Erasmus+ Ponteareas-Galway foi todo un éxito.
Alumnado e profesores participaron nas diversas fases da mesma, tanto na Augateca como na aula de plástica, por onde rotaron por quendas, con verdadeiro entusiasmo.O noso alumnado de 4º ESO púxolles ao tanto da figura de Sempere e a súa experiencia co "light painting", e propúxolles reeditala con debuxos e fotografías dos motivos que máis se repiten nos petróglifos, tanto galegos como irlandeses, para logo montar unha animación con música celta.
Aquí tedes o vídeo do making-of 🔻👀👂
E aquí 👇 o produto final. CHULÍSMO,NON? 😍
20 de febreiro de 2017
CONCURSO DE MICRORRELATOS
CON MOTIVO DA CONMEMORACIÓN DO DÍA DO LIBRO O 23 DE ABRIL O GRUPO DE BIBLIOTECA ORGANIZOU UN CONCURSO DE MICRORRELATOS PARA QUE PARTICIPE TODO O ALUMNADO DO CENTRO.
14 de febreiro de 2017
SEMPERE E IRLANDA
Xa están aquí nosos convidados de Galway e ⏩👀 este pdf vailles explicar a actividade en galego e inglés
12 de febreiro de 2017
HOMENAXE A SEMPERE
A
Augateca sumouse á campaña para este curso "BIBLIOTECAESCOLAR - TERRITORIO DÁS ARTES",
promovida pola Consellería, cunha iniciativa: "HOMENAXE
A SEMPERE",
na que colaboramos co Departamento de Plástica.
Nela o noso alumnado de3º e 4º da ESO aproximouse á súa produción artística, a través do material que atoparon na biblioteca (vídeos, libros, internet,...) e eles deron renda solta á súa creatividade ...
Neste vídeo🔻👀👂o alumnado de 4º ESO explícanche a actividade |
E neste outro mostran o resultado
Increíble!!! 🔻👀👂
O certo e que quedou tan ben que ímolo repetir co alumnado irlandés do proxecto Erasmus+ Ponteareas-Galway que nos visitan a próxima semana.
Xa vos contaremos...😉
Ah! tamén tedes que ver os debuxos ópticos que fixeron os alumnos de 3º ESO E QUE DECORAN A ENTRADA DA AUGATECA 👈👀
stop motion: relevos luminosos móviles |
O certo e que quedou tan ben que ímolo repetir co alumnado irlandés do proxecto Erasmus+ Ponteareas-Galway que nos visitan a próxima semana.
Xa vos contaremos...😉
10 de febreiro de 2017
9 de febreiro de 2017
Actividade coa revisra O Papagaio
A revista xuvenil O
Papagaio xa está na biblioteca para que poidades gozar coa súa
lectura e descubrir novas interesantes nas diferentes seccións da
mesma.
A Augateca do IES
Pedra da Auga está atenta as novidades editoriais e actualiza os
seus fondos novamente.
O alumnado de 1º da ESO non deixou pasar esta
oportunidade. Acompañados do seu profesor de lingua galega analizou
en detalle o contido da revista e intercambiou as diferentes lecturas
da mesma en dúas sesións mergullados nas letras da Augateca.
Foron unhas sesións entretidas nas que aprendemos
cousas novas e compartimos as nosas lecturas.
2 de febreiro de 2017
O DÍA DOUS DE FEBREIRO CASAN OS PAXARIÑOS
O
PROFESOR PACO, DE LINGUA GALEGA,
PREPAROU UNHA PEQUENA REUNIÓN NA
BIBLIOTECA AUGATECA .
ALÍ
EXPLICOULLES A UN GRUPO DE
1º E 2ºESO A TRADICIÓN FOLCLÓRICA E
LITERARIA QUE TEN ESTE
ACONTECEMENTO NA NOSA LITERATURA
GALEGA.
LEÉRONSE
POEMAS E REFRÁNS E
1 de febreiro de 2017
SENBAZURU - DENIP
Segundo unha antiga
lenda xaponesa, o teu maior desexo farase realidade, construíndo
MIL
GRULLAS DE PAPEL = SENBAZURU.
O acontecido a Sadako Sasaki (1943-1955), unha nena xaponesa que desexou curarse da leucemia que padecía, provocada pola radiación da bomba atómica lanzada sobre Hiroshima o 6 de agosto de 1945
(II Guerra Mundial),facendo 1000 grullas de origami, convertirías nun SÍMBOLO DE PAZ.
O departamento de Matemáticas e a Augateca indagamos no mito, na historia...
e así xurdeu O RETO no que se embarcou boa parte do noso alumnado: facer esas 1000 grullas para o 30 de xaneiro, Día Escolar da Non Violencia e a Paz (DENIP).
O RESULTADO loce na Augateca, os corredores, as aulas e aquí no noso blog. (preme nos links)Unha relación matemática, un xogo de xeometría...
a lectura dun marabilloso conto inspiradona historia de Sadako...
"Apúntes para un tratado de cocotología" que nos deixou Unamuno, un gran aficcionado á papiroflexia...
e... máis de 1000 grullas!, voando ao noso arredor...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)