22 de novembro de 2019

FORMACIÓN DOS NOVOS USUARIOS


O alumnado de 1º ESO incorporouse as actividades ALFIN da Augateca iniciando a súa formación con dúas sesións básicas, as adicadas ao coñecemento da nosa Biblioteca: zonas, servizos, fondos, ... En definitiva, como espazo creativo de aprendizaxe, no que deben ser quen de integrarse de forma autónoma para desfrutalo.

Guiados por Nacho, membro do noso equipo caracterizado para a ocasión como Adso de Melk (o axudante  na investigación que realiza Guillermo de Baskerville na novela de Umberto Eco "O nome da Rosa"), fixeron uso dos recursos que temos  no repositorio ALFIN da nosa Aula Virtual.

Tamén entraron en contacto co PDI Evolución humana. Hominidae”, que deseñado e coordinado dende a Augateca, vimos desenvolvendo dende o pasado curso e ao que terán a posibilidade de incorporarse nos seguintes trimestres para ampliar a a súa formación.

Benvidos!!!  😀🙌

Este 👇 🎬 recolle algúns dos momentos vividos 



19 de novembro de 2019

NOSA XORNADA MICOLÓXICA EN IMAXES


Un curso máis a Augateca completou a esperada 😍 XORNADA MICOLÓXICA, tanto polo alumnado de 4º ESO, que cada outono encárgase da recolleita, clasificación e exposición dos cogomelos, como polo resto da comunidade educativa que goza da variada e colorida mostra na entrada da Augateca.

A xornada comezou cunha charla formativa na propia BE, acompañada de diapositivas e o reparto dun tríptico, editado polo noso equipo, que visualiza un resumo da mesma.

A procura e recolleita pola fraga das inmediacións ao Centro deu os seus froitos, o que permitiu montar a exposición que aparece recollida nun vídeo que vos mostramos 👀👇, xunto coas fotos de toda a actividade.





Parabéns ao alumnado de 4º ESO polo seu traballo!!! 👏👏👏




18 de novembro de 2019

CONCURSO POSTAIS DE NADAL

Inspirados xa ??? ....
para participar nunha nova convocatoria dun dos nosos concursos máis disputados ...
🎄🎅🎄🎅🎄🎅


O que organizamos cada ano, a Augateca e os departamentos de Francés e Inglés, para que deades renda solta a vosa creatividade

e facervos merecedores do LIBRO e a MANTIÑA que os levarán lonxe deste frío ...😉



4 de novembro de 2019

XORNADA DE PORTAS ABERTAS


O 24 de outubro celebramos O DÍA INTERNACIONAL da BE, cunha nova XORNADA DE PORTAS ABERTAS non recreo.
Como noutras ocasións temos que agradecer a entusiasta participación de toda a comunidade educativa e, especialmente, ao equipo da Augateca e aos alumnos e e alumnas voluntarias do pasado curso no seu papel de anfitrións, repartindo simpatía, marcapáxinas e os novos trípticos informativos para dar a coñecer as innovacións nos servizos que ofertamos.😄👍



E como fío condutor UNHA EXPOSICIÓN dos nosos fondos de NOVELA NEGRA/ POLICÍACA, un xénero que vive un momento dourado, espertando o interese tamén dos lectores máis novos. Partindo da premisa de que son curiosos por natureza, o desafío de resolver un enigma, case como un xogo que ten moito de lóxico, do que se lles fai partícipes, vai adentrándoos no pracer da lectura.

Desde os autores máis clásicos, como Poe, Conan Doyle ou Agatha Christie, pasando por Montalbán, aos últimos en chegar, como Ledicia Costas ou Domingo Villar en forma de novela, cómic ou cinema, saíron dos andeis da Augateca para chegar ás túas mans.


PODES 👀 MÁIS FOTOS NESTE VÍDEO 👇