29 de novembro de 2018

USUARIOS COMPETENTES


Onte remataron as xornadas adicadas no primeiro trimestre á formación dos novos usuarios da Augateca.

Os alumnos de 1º ESO demostraron ser quen de atopar calquera dos materiais dos nosos fondos acudindo ao catálogo en liña do noso blog ou de maneira física nos estantes, respondendo aos desafíos que lles prantexaron as profes do equipo da Augateca, Belinda e Milagros.

Xogaron e competiron con moito entusiasmo, tanto que o tempo pasou voando, e quedaron emprazados a participar nas xornadas do segundo trimestre, nas que se sumarán ao proxecto de investigación que sobre a Evolución humana puxemos en marcha para este curso, e para o que empregaran diversas ferramentas TIC.

Aquí tedes unha escolma do acontecido en imaxes.👇👀



19 de novembro de 2018

NOVAS ADQUISICIÓNS NA AUGATECA


Seguimos ampliando os fondos📚 da Augateca, tendo en conta as vosas suxestións💬 e os proxectos 📂que estamos a traballar este curso dende a BE, como: A evolución humana; As poesías; Moby Dick (bicentenario h. Melville); aprendo a facer cómic, etc.

Achégate e bota unha ollada, seguro que levas algún.😎

Aquí tes unha mostra.👇👀


18 de novembro de 2018

CONCURSO POSTAIS NADAL

Este curso adiantamos xa algúns dos preparativos de nadal🎄: aquí tedes a convocatoria  para participar NO CONCURSO de POSTAis NAVIDEÑAs QUE CADA ANO ORGANIZAMOS COS DEPARTAMENTOS DE INGLÉS E FRANCÉS.

Un magnífico libro  e unha agarimosa mantiña  os agardan!!! 😍

Animádevos a participar!!! 


17 de novembro de 2018

ENTREGA PREMIOS SAMAÍN II

ONTE AS PROFES DE GALEGO FIXERON ENTREGA DOS PREMIOS AOS GAÑADORES  DO CONCURSO DE RELATOS DE MEDO.
Moitas gracias a todos por participar!!!




13 de novembro de 2018

REPORTAXE XORNADA MICOLÓXICA

O pasado curso a escaseza de auga privounos de cogomelos.
Este, en cambio, tivemos que confiar nunha tregua entre tanta choiva e, por sorte, gozamos dunha estupenda saída á procura de cogomelos.

Non só o pasamos moi ben. Aguzando a vista e seguindo as indicacións do tríptico que este curso editou a Augateca para a ocasión, recollemos unha gran variedade de exemplares, que clasificamos e expuxemos con axuda das guías que temos nos fondos da BE.

Parabén ao alumnado de 4º ESO polo seu traballo!!!👌👏👏👏

Xa imos pola novena edición !!!
NESTE VÍDEO👇 TEDES UNHA REPORTAXE👀 QUE RESUME A XORNADA



12 de novembro de 2018

!HAHULA HULA!


O pasado luns visitounos o gran SAMUEL MOUNTOUMNJOU 
coa  actividade
!HAHULA HULA!


Fillo da tradición oral, Samuel Mountoumnjou naceu no oeste do Camerún, nunha aldea onde seguen vivas moitas tradicións e costumes ancestrais. Nese contexto criouse e  iniciouse na narración oral sendo aínda un adolescente.
É profesor de linguas e mediador intercultural. A súa formación e experiencia na docencia axudáronlle a perfeccionar distintas facetas da comunicación oral. Leva máis de10 anos traballando con nenos e nenas, contando as súas historias por España e Francia.

O seu amplo e variado repertorio está formado principalmente por contos, lendas, anécdotas, parábolas e mitos africanos. Son historias cheas de calor e de cores que, ademais de entreter, invitan a pensar, potenciar valores humanos tales como a solidaridade, a convivencia, a tolerancia ou a igualdade, á vez que nos transportan ata as profundidades do continente e nos transmiten o espíritu da África negra.



¡Hahula hula! Érase unha vez…
Aínda me lembro, como si fose onte, daquelas maravillosas noites da miña infancia, en África...
Os nenos e adolescentes, sentabamonos no patio da casa ao carón do lume. Á luz da lúa. Mirabamos atentamente ao avó tumbado no seu sillón de bambú, calado e pensativo.
Despois dalgún momento de meditación – que para nós parecía unha eternidade – o avó dicía con voz profunda: “¡Hahula hula!”
Satisfeitos e entusiasmados, todos contestabamos: “¡Hahula hula!”

Así empezaba a noite de contos, a noite das mil e unha maravillas…





Isto foi o que experimentamos na Augateca de Ponteareas, cunha ambientación axeitada, os que alí estivemos. Disfrutamos dun momento máxico en francés, independientemente do nivel de coñecemento da lingua. Todos interactuamos con Samuel a ritmo de “¡Hahula hula!”.
Aquí tedes algúns dos comentarios dos nosos alumnos...

1.- “-Vaia risas! Que divertido! Sobre todo cando sairon Adrián e Luis! Historias que enganchan e un contacontos moi gracioso! Lembrades rapaces: “Hahula hula!” (3º ESO)

2.- “-Pareceume unha actividade estupenda, divertida, didáctica, amena... ao principio non entendía moito, pero logo xa fun entendendo e divertinme moito!”(3º ESO)
3.- “-Pareceume xenial a hora con Samuel, voltaría a escoitar máis contos del sen dubidalo!“Hahula hula!” (3º ESO).


4,- “-paseino moi ben! E co señor rin moito! Entendinlle a medias... Ja, ja, ja... (3º ESO).
5.- “-Pareceume aparte de divertido, entretido, xa que aprendemos unha canción africana. Gustoume tamén que participasen alumnos, así ainda foi máis divertido. A ver si volta pronto!” (4ºESO)
6.- “pareceume moi divertido e entretido! Sobre todo cando me tocou saír a min!”(4ºESO)
7.- “Foi moi divertido, aínda que tiña medo que me sacaran de axudante! Fíxose curto!(4ºESO)


11 de novembro de 2018

IX XORNADAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA


Este fin de semana participamos nestas xornadas, celebradas no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela, para coñecer o que se está facendo actualmente noutras bibliotecas escolares e as propostas que neste ámbito realizan especialistas de distintos disciplinas académicas e artísticas.