30 de maio de 2018

Clepsidra. A Sacra Orde do ALFIN

PELÍCULA: producto final do traballo documental integrado, creado e impulsado dende a Augateca para a alfabetización informacional do noso alumnado ao longo do curso 2017-2018:

 
Augateca. A Sacra Orde do ALFIN. En youtube. CC-BY-SA

Enlace ao blog do proxecto:👉👀  https://alfinclepsidra.blogspot.com/

INFOGRAFÍA: producto final das xornadas de ALFIN realizadas polo alumnado de 1º ESO, nas que aprenderon a buscar, tratar e comunicar, a información precisa para saber que é unha clepsidra e situarnos nas orixes históricas da mesma.
para 👀mellor pulsa neste link 👉 infografía clepsidra






21 de maio de 2018

AppYOGOTE



Mirando ao noso ceo. Proxecta MeteoEscolas

 Seguindo o programa de actividades que diseñamos  para o mes da ciencia, mañá no recreo presentamos na Augateca o vídeo  que resume os traballos de investigación feitos ao longo do curso polo alumnado do centro, para o Plan proxecta meteoescolas.
 A biblioteca colaborou aportando fondos documentales, espazo e difusión para o proxecto, que quedou así de ben!


Encina. Mirando ao noso ceo. En youtubeLicenza youtube estandar

Máis información sobre o proxecto no blog  👉 o ceo do pedra

20 de maio de 2018

18 de maio de 2018

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS


Do 14 ao 18 de maio tiveron lugar no instituto diversas actuacións de dinamización da nosa lingua e as nosas letras, este ano dedicadas á autora María Victoria Moreno, polo que o lema escollido recollémolo a partir dunha frase de Anagnórise, a súa novela máis recoñecida: As persoas estamos feitas para levar adiante os proxectos máis fermosos. O espazo escollido foi nomeadamente a Augateca. A seguir mostramos un repaso das actividades desenvolvidas.



EXPOSICIÓNS SOBRE MARÍA VICTORIA MORENO:


. Vida, creación e compromiso. Situada polo alumnado de 1º da ESO no edificio principal.
. Unha ollada a través dos seus libros, disposta por 2º ESO B no edificio de Bacharelato.
. Publicacións do fondo da Augateca.



PROXECCIÓN DOCUMENTAL

O martes 15 e mércores 16 proxectouse na Augateca o documental María Victoria Moreno, galega por amor para o alumnado de 3º da ESO e 1º de Bacharelato.



DÍA GRANDE DAS LETRAS, VENRES 18 DE MAIO

Ao día seguinte do feirado das Letras Galegas do día 17, organizamos unha dupla actividade:

. Os recreos da comedia, protagonizados na Augateca polo alumnado de 1º da ESO A e B, co fin de fomental a expresión oral en lingua galega, @s miúd@s prepararon diferentes monólogos, contos, chistes e diversas representacións, que conxuntamente coa merenda das 11, serviron para botermos unha risas galegas e en galego.



Mural A poesía ten nome de muller. Para pór o ramo á festividade das letras galegas o alumnado de 2º de Bacharelato do Clube de Lectura da Augateca pintaron un mural que contiña os versos seleccionados no concurso que desenvolvera Pedra da Linguam, o equipo de dinamización lingüística do centro, que trataba de facer unha escolma da poesía galega feminina, e que a partir desta data ficará indelébel e para o futuro na parede exterior do espazo denominado a Charca.






9 de maio de 2018

NOVAS ADQUISICIÓNS PARA O CATÁLOGO DA AUGATECA


Atendendo as vosas suxestións💬 e pensando nos proxectos para o vindeiro curso, orientados a seguir avanzando no traballo ca banda deseñada, que tanto éxito😍 está a ter, presentamos os novos títulos para a colección no que non fallan Manga, albumes ilustrados, clásicos do comic, etc

Tamén incluímos algunhas novelas xuvenís e outras pensando nos usuarios adultos, cada vez máis asiduos 👏👏👏, que estanse animando a facer peticións 😉




De aquí a final de curso trataremos de dotar a alguns deles do correspondente código QR.



4 de maio de 2018


SEGUIMOS A FALAR DA SEMANA DO LIBRO, fixemos tantas cousas o pasamos tan ben!.

O día 25 entregamos os premios aos gañadores do II CONCURSO DE MICRORRELATOS AUGATECA:

CATEGORÍA 1º/2º ESO:
1º PREMIO: “MUNDO DE BESTIAS” José Luis Martínez Julián. 2º ESO B.
2º PREMIO: “DIARIO DE UN DETECTIVE EN CUBIERTA. 00:00 A.M.”
Juliana Álvarez De Santamarina Conceiçâo. 2º ESO A.
CATEGORÍA 3º/4º ESO:
1º PREMIO:”NOCHE TENEBROSA”. Lorena Faro. 4º ESO A.
2º PREMIO:”EL MONSTRUO”. Nerea Ucha López. 3º ESO B.
CATEGORÍA 1º/2º BACH.
1º PREMIO: “ESTABA ENTRE NÓS”. Paula Catarino Amoedo. 1º BACH. B.
2º PREMIO:”MADUREZ”. Arantxa Estévez Baca. 1º BACH. B

PARABÉNS A TODOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN, que lle puxo moi difícil a tarefa ao xurado tanto pola elevada participación como polo enxeño dos relatos.👏👏👏

Aquí tedes os textos galardoados 👀 👇





O xoves 26, as alumnas colaboradoras da AugatecaAroa Carballido e Zaira Soliño, de 1º Bach. A, coordinaron e moderaron a PROXECCIÓN E FORO sobre a curta “Los fantásticos libros voladores del señor Morris Lessmore”, no que participaron alumnos e alumnas de 3º ESO A, a 2ª hora, e o de 3ºB+PMAR a 3ª hora.

A actividade resultou moi animada polas aportacións que realizaron todos eles á hora de analizar e comentar unha curta tan rica en lecturas. 



E PARA REMATAR

AQUÍ TEDES O VÍDEO 👀👂 QUE MONTAMOS CAS ACTIVIDADES E O 

 EXITOSO MERCADIÑO DE LIBROS 👇




3 de maio de 2018

GUSTOUCHE A SEMANA DO LIBRO?



Nós rematamos case sen folgos!😉


A actividade máis esperada e de maior éxito foi sen dúbida
O MERCADIÑO DE LIBROS, onde cada ano SUPERAMOS os RESULTADOS do anterior.💪




GRAZAS pola vosa resposta!

e un aplauso 👏👏👏 para o noso EQUIPO DE COLABORADORES, que o prepararon durante días e, chegado o día 23,
repartiron entusiasmo nun ambiente festivo,facéndonos pasar un rato moi agradable!




O día 24 inauguramos DÚAS EXPOSICIÓNS:
  •  a primeira, “Breve paseo editorial por el Quijote”, organizada ca colaboración do Departamento de Lingua castelá, foi posible gracias a cesión temporal dos exemplares máis variados que a comunidade educativa tiña nas súas bibliotecas particulares, dende edicións do século XVIII, cómics, traduccións a outras linguas,versións cinematográficas... UN LUXO!






















  • a segunda, “O universo de Frankenstein”, recolleu os resultados dos traballos realizados polo noso alumnado, en resposta ao proxecto que impulsamos para conmemorar o bicentenario da publicación de “Frankenstein o El moderno Prometeo” de Mary Shelley, e a partir da mostra de materiais e recursos a vosa disposición na Augateca e neste blog, no mes de xaneiro.
    As aportacións foron as seguintes:
- O alumnado de 4º ESO: leu a obra adaptada en inglés e redactou pequenos comentarios neste idioma; traballou na materia de historia o contexto histórico da obra e da súa autora, as achegas e influencias que recolle do entorno familiar, intelectual, artístico e científico, plasmándoo nun organigrama-mural; e recolleu datos biográficos doutras mulleres contemporáneas de Mary Shelley na materia de valores éticos.

- O alumnado de grego de 1º de Bacharelato elaborou un vídeo no que analiza o mito de Prometeo co apoio visual de cadros de todos os tempos e conclúe analizando as diferencias e similitudes coa novela de Frankenstein, con música de Ludwig van Beethoven, “Las criaturas de Prometeo”. MOI INTERESANTE!😍





- O alumnado de 1º ESO, na materia de ética, traballou as emocións da criatura e o seu creador, plasmadas mediante debuxos.

- O alumnado de 3ºESO na materia de EPVeA deu renda solta a súa creatividade imaxinando, a partir do texto lido, como sería a aparencia do monstro, empregando a cor como elemento clave para resaltar as súas características físicas e psicolóxicas.


PERO MOITO MELLOR E QUE 👀UN RESUMO DAS EXPOSICIÓNS!!! 👇



O alumnado de 4ºESO elaborou uns booktrailers para animarvos a ler a novela se non a coñecedes.











2 de maio de 2018

MES DA CIENCIA NA AUGATECA


Chegou maio, o esperado MES DA CIENCIA NA AUGATECA.
Este ano aspiramos a superar o éxito do pasado curso cun variado e ambicioso abano de actividades e proxectos nos que levades e levamos traballando todo o curso.
Aquí tedes o programa!.👇 Que o desfrutedes!😁