28 de abril de 2016
27 de abril de 2016
DÍA DO LIBRO: DEIXA A TÚA PEGADA
Durante todo o día 22, o alumnado que así o desexou puido facer de voceiro de autores e autoras de fama universal escribindo algunhas das súas citas sobre os libros e as lecturas no cristal da Biblioteca.
Preme na imaxe para acceder á galería.
Preme na imaxe para acceder á galería.
DÍA DO LIBRO : ESCALA E ASÓMATE A OUTROS MUNDOS
26 de abril de 2016
DIA DO LIBRO: MIRANDO O NOSO MUNDO
Outra das actividades desenroladas para conmemorar o día do libro foi organizada polo Departamento de Normalización Lingüística e coa colaboración do
equipo da Augateca.
Co obxectivo de dar unha imaxe estético poética dos mundos interiores que favorecen a lectura, o Departamento de Normalización Lingüística, amosa nestes días no recibidor do centro a exposición: “Mirando o noso mundo”, unha iniciativa na que convidouse a participar a toda a comunidade educativa do noso centro, cada persoa debía elixir un libro e facerse unha fotografía gozando da súa lectura.

DÍA DO LIBRO: MERCADO SOLIDARIO
Coa
axuda das alumnas voluntarias da Augateca, durante o recreo
realizouse o “Mercado Solidario de Libros” no que se podían
adquirir exemplares cambiándoos por outros ou ben por algún alimento
non perecedoiro. En total intercambiáronse 152 libros e recadouse
unha cantidade de 70 euros que foron invertidos na adquisición de
comida. Os fondos obtidos destinaránse a colaborar co banco de
alimentos que xestiona a ONG Ponte Solidario de Ponteareas.
Preme na imaxe para acceder á galería
23 de abril de 2016
DÍA DO LIBRO: SE EU FOSE UN LIBRO...
Para conmemorar o dia do libro, o alumnado de 4ºESO A do IES
Pedra da Auga gravou un video baseado na obra de José Jorge Letria e André Letria
“Se Eu Fosse um Livro”, facéndose eco daquelas frases coas que se sentian máis identificados, pensando a posta en escena e escollendo a música de fondo. Parabéns polo voso traballo!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)